Escola de Outeiro

SACHOS DEMASIADO GRANDES PARA MANS TAN PEQUENAS

SACHOS DEMASIADO GRANDES PARA MANS TAN PEQUENAS

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA PLANTANDO UNS CASTIÑEIROS EN CAMPOMANEIRO E RECITANDO UNS POEMAS. É UN ACTO SIMBÓLICO DE AMOR E DE PROTECCIÓN Á NATUREZA, PERO PARA PODER SIMBOLIZAR É NECESARIO PREVIAMENTE VIVENCIAR; É POR ISO QUE DIGO QUE OS SACHOS ERAN DEMASIADO GRANDES COMO PARA SER MANEXADOS POR MANS TAN PEQUENAS QUE LLES PERMITIRA O SEU MANEXO E O SEU DISFRUTE PARA MÁIS ADIANTE ENTENDER QUE É ESE ACTO SIMBÓLICO DE PLANTAR UNHA ÁRBORE.

É UNHA REFLEXIÓN QUE PROPOÑO Á ORGANIZACIÓN. PARA O PRÓXIMO ANO, A VER SE TEMOS A OPORTUNIDADE DE MANEXAR SACHOS Á NOSA MEDIDA.

FOI UN DÍA BEN BONITO QUE INCLUÍU UNHA VISITA Á BIBLIOTECA DO COLEXIO BREA SEGADE, DONDE NENAS QUE FORON ALUMNAS DO NOSO CENTRO NOS CONTARON UNS CONTOS, E LOGO XOGAMOS COS PAPÁS, MAMÁS , AVÓS E AVÓAS NO PATIO ESCOLAR .

AGORA TOCA DISFRUTAR DUNHAS VACACIÓNS BEN MERECIDAS .

EIQUÍ QUEDAN AS IMAXES PARA QUE LEMBREDES ESTE MOMENTO.

CARBALLOS

CARBALLOS

CARBALLOS REXOS, POTENTES

CALADOS OU MUSICAIS

QUE LOITAIS VALENTES

COAS SISTRAS E OS VENDAVAIS !

                                                                                                    MANUEL MARÍA

 


 

 

 

VISITA DOS BOMBEIROS Á ESCOLA

VISITA DOS BOMBEIROS Á ESCOLA

ONTE, MARTÍN, DAVID E ÓSCAR, BOMBEIROS DE RIANXO, ESTIVERON NANOSA ESCOLA PARA FALARNOS UN POUCO DO SEU TRABALLO. DIXÉRONOS QUE COMÍAN MOITAS FROITAS,  VERDURAS E PEIXE, E TAMÉN  QUE FACÍAN MOITO EXERCICIO PARA ESTAR FORTES E SAUDABLES, PORQUE É UN TRABALLO MOI DURO O SEU. ENSINÁRONOS OS TRAXES, QUE ERAN IGNÍFUGOS; ISO QUERE DICIR QUE RESITEN O LUME, OS CASCOS, A BOTELLA DE AIRE, A MÁSCARA..., TAMÉN OS COCHES, NOS QUE LEVABAN MOITAS FERRAMENTAS E A MANGUEIRA . FIXEMOS UN SIMULACRO, QUE QUERE DICIR QUE FACIAMOS COMO QUE HABÍA LUME E HABÍA QUE SAIR AGACHADIÑ@S PARA PODER RESPIRAR, PORQUE O FUME VAI PARA ARRIBA, E MOITAS COUSAS MÁIS. LÁSTIMA QUE FORA TAN POUCO TEMPO.

 

 

 

CIRCULIÑO NA NEVE

CIRCULIÑO NA NEVE

CIRCULIÑO NA NEVE É UN CONTO EN IMAXES QUE NOS PERMITE XOGAR E DESCUBRIR AS CARACTERÍSTICAS DO CÍRCULO EN OPOSICIÓN A OUTRAS FIGURAS XEOMÉTRICAS.

BUSCAMOS POLA AULA OBXECTOS QUE TIVERAN A FORMA DE CÍRCULO PARA USALOS COMO PLANTILLA E PODER CREAR AO PERSOAXE DO CONTO. CLARO QUE AS VECES NOS ATOPAMOS CON DIFICULTADES PORQUE UN OVO OU UNHA LARANXA PARÉCENSE PERO...

 

 

 

SAÍDA AO "SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA"

SAÍDA AO "SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA"

SE LEMOS A PALABRA LIBRO AO REVÉS TEMOS ORBIL. POIS ÉSTE É O NOME DO PERSONAXE QUE NOS RECIBIU CANDO CHEGAMOS AO SALÓN DO LIBRO, E ESTE PERSONAXE NON É NIN MÁIS NIN MENOS QUE UN LOBOOO !!!!

FOI O QUE MÁIS LLES GUSTOU OU NALGÚNS CASOS IMPACTOU.

 

   

 

A CARA AMABLE DA PRIMAVERA

A CARA AMABLE DA PRIMAVERA

 

 

             
               
               

 

"CAI A NEVE"

"CAI A NEVE"

 

UXÍO NOVONEYRA

            
           
     
       

 

 

COCIÑANDO OS NOSOS "VERTUMNOS"

COCIÑANDO OS NOSOS "VERTUMNOS"

VERTUMNO É O DEUS CLÁSICO DA NATUREZA. FOI NEL EN QUEN SE INSPIROU ARCIMBOLDO PARA FACER O RETRATO ADICADO AO EMPERADOR RODOLFO II DOS HABSBURGO, NA CUIA COHORTE NUNHA CIDADE QUE ESTÁ MOI LONXE E QUE SE CHAMA PRAGA, TRABALLOU.

       GIUSEPPE ARCIMBOLDO (1527-1593)                               RODOLFO II DE HABSBURGO (1552-1612)

                                          VERTUMNO

O EMPERADOR FOI CONSTRUIDO DE FRONTE CON DELICIOSOS FROITOS, FLORES E HORTALIZAS QUE SIMBOLIZAN AS CATRO ESTACIÓNS.

NÓS TAMÉN COCIÑAMOS OS NOSOS "VERTUMNOS", E FIXÉMOLO REUTILIZANDO FOLLETOS PUBLICITARIOS DOS SUPERMERCADOS; EN LUGAR DE TIRALOS DÉMOSLLE UNHA FINALIDADE ARTÍSTICA !!!!!

ADEMAIS ASÍ, CONTRIBUÍMOS A QUE A NATUREZA ESTEA EN BOAS MANS PORQUE SEGURAMENTE ESES FOLLETOS ACABARÍAN NO LIXO, E AGORA FORMAN PARTE DAS OBRAS DE ARTE QUE ESTÁN NO MUESEO DA NOSA ESCOLA, ESPERANDO ANSIOSAS SER TRASLADADAS AS NOSAS CASAS PARA QUE AS NOSAS FAMILIAS TAMÉN GOCEN DA SÚA FERMOSURA.

 

 
   

 E AGORA, SE NOS QUEREDES VER TRABALLANDO MENTRES VOS DELEITADES ESCOITANDO  UNHA CANCIÓN QUE FALA DE ANHELOS DE PAZ E QUE SE TITULA "IMAGINE" DE JOHN LENON ... PREMEDE NA FRECHIÑA. PERO CLARO TENDES QUE SABER INGLÉS OU BUSCAR A SÚA TRADUCIÓN EN INTERNET.

 

MERENDA "ARCIMBOLDESCA"

MERENDA "ARCIMBOLDESCA"

HOXE TAMÉN NOS DESPEDIMOS DA "SEMANA DA FROITA", E  DECIDIMOS CONVERTIRNOS EN ARTISTAS.

UTILIZANDO ANAQUIÑOS DE FROITAS FIXEMOS CREACIÓNS "ARCIMBOLDESCAS" E  ATA LLE DEMOS UN APLAUSO A SARA POR COMER A FROITA .

 

 

ADEUS INVERNO !!!

ADEUS INVERNO !!!

CHEGOU A PRIMAVERA DISFRAZADA DE INVERNO. DURANTE TODA A ESTACIÓN NOS ACOMPAÑOU "O INVERNO" DE ARCIMBOLDO; É UN CADRO QUE NOS ASUSTA E NOS DÁ MOITO MEDO. AO PRINCIPIO NOS DABAN GAÑAS DE BERRAR, DE CORRER E DE AGACHARNOS E HOXE QUIXEMOS DESPEDIRNOS DEL CUNHA REPRESENTACIÓN XESTUAL .

 

 

 

 
Distribuir contido