O BOSQUE ENCANTADO
O BOSQUE ENCANTADO
CANDO VISITAMOS A BIBLIOTECA DE "DANIEL", LEVÁMOSLLE UN CONTO QUE FIXEMOS ENTRE OS NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO, CUVIDE E OUTEIRO. COMEZOU CRUCEIRO E CANDO CHEGOU A NÓS, ATOPÁMONOS NO MEDIO DUN BOSQUE, E CLARO!, XA SE SABE QUE O BOSQUE É O LUGAR IDÓNEO PARA QUE COMECEN A SAÍR DISTINTOS PERSONAXES COAS SÚAS VOCES CORRESPONDENTES, CHEAS DE INTERSECCIÓNS, PARA DARLLE Á LINGUAXE UN TON EXCLAMATIVO. TAMÉN APARECERON OS PUNTOS SUSPENSIVOS, PALABRAS INVENTADAS, ONOMATOPEAS, O XOAH... XOAH...! DO BATER DAS ALAS DO MORCEGO; PALABRAS SUXERIDAS COMO O PI... PI... DA PANTASMA CANDO SAE "PITANDO", BOCADILLOS COMA OS DOS COMICS, TODA UNHA FESTA RUIDOSA DE SONS, AVENTURA E MOITO DIVERTIMENTO, E TAMÉN DE ACHEGA A MOITOS RECURSOS ESTILÍSTICOS DA LINGUAXE SEN DEIXAR DE LADO A PROPIA ILUSTRACIÓN E COMPOSICIÓN COAS DISTINTAS APORTACIÓNS DE CADA QUEN.
- APIs de Blogue