RAFAEL, AVÓ DE TAHIRA, EXPERTO EN MINERAIS

RAFAEL, AVÓ DE TAHIRA, EXPERTO EN MINERAIS

HAI CATRO ANOS A CRISE XOGOULLE UNHA MALA PASADA A RAFAEL; QUEDOU SEN TRABALLO,  PERO AFORTUNADAMENTE SACOU FORZAS DE FRAQUEZA, E NACEU NEL UNHA GRANDE AFECCIÓN POLOS TESOUROS QUE SE AGOCHAN NA TERRA, E HAI UNS DÍAS VEU Á ESCOLA A ENSINARNOS E COMPARTIR CON NÓS UNHA PEQUENA MOSTRA DA SÚA FANTÁSTICA COLECCIÓN.

FALOUNOS DOS ÚTILES QUE UTILIZA CANDO VAI ÁS CANTEIRAS OU ÁS MINAS.

DUNHA MOCHILA VERMELLA , COMA SE DUN MAGO SE TRATASE, FOI FACENDO AGROMAR UN CASCO, UNHA "MACETA", UN MARTELO, UN CINTURÓN ESPECIAL, UNHAS GAFAS, UNHA LANTERNA, UNHA LUPA CON LUZ.... E FOI EXPLICANDO A UTILIDADE DE CADA UN, A SÚA FUNCIONALIDADE.

FALOUNOS DAS MATERIAS "PRIMAS" QUE ESTÁN INCRUSTADAS NA ROCHA NAI OU NODRIZA, COAS QUE SE PODEN FACER MOITAS DAS COUSA QUE NOS RODEAN; DEBEN DE CHAMARSE "PRIMAS" PORQUE ALGO DE FAMILIAR DEBEN DE TER COS OBXECTO OU FERRAMENTAS QUE MANS ARTESANAS FAN CON ELAS.

O MARTELO NON ESTÁ INCRUSTADO NA ROCHA PERO SI O MINERAL DE FERRO CO QUE SE FAI. LOGO ALGO DE PARENTESCO DEBEN DE TER.

QUIXEMOS DESCUBRIR ESAS MATERIAS PRIMAS E OBSERVAMOS AS ROCHAS CUNHA LUPA CON LUZ.

LOGO FOMOS VISITAR A EXPOSICIÓN  QUE CON TANTO CARIÑO E COIDADO NOS TIÑA PREPARADO, DESCUBRINDO OS MINERAIS AGOCHADOS E MARABILLÁNDONOS COAS FERMOSAS CRISTALIZACIÓNS , ALGUNHAS DAS CALES, VÍANSE A SIMPLE VISTA E TIÑAN FORMA DE CUBOS.

 LOIS E SARA, RECIBIRON COMO REGALO UN ESTOXO DIVIDIDO EN COMPARTIMENTOS , CON MINERAIS. AO RESTO DOS NENOS E NENAS XA LLELO REGALARA O CURSO PASADO.

TAMÉN A ESCOLA RECIBIU UN AGASALLO. MOITOS DOS MINERAIS DAS PRIMEIRAS FOTOS DESTA NOVA, FORMAN PARTE DEL, E ESTÁN  COLOCADOS NA ENTRADA .

A RAFAEL GUSTARÍALLE DISPOÑER DUN LOCAL HABILITADO CON VITRINAS PARA PODER EXPOÑER DE MANEIRA PERMANENTE  A SÚA COLECCIÓN. SUPORÍA UN GRAN BENEFICIO PARA O POBO EN XERAL E PARTICULARMENTE PARA O ALUMNADO DOS COLEXIOS E DOS INSTITUTOS.

A VIVENDA , HOXE TAPIADA, A CARÓN DA ESCOLA, PODERÍA SER UNHA OPCIÓN.

SERÍA UNHA BOA IDEA E  PLAUSIBLE  QUE O SEÑOR ALCALDE A TIVERA EN CONTA.

FARÍALLE MOITO BEN A RAFAEL PERO TAMÉN   AO CONCELLO.

AÍ VAI O NOSO APOIO.

MOITAS GRAZAS RAFAEL, FOI MOI INTERESANTE A TÚA VISITA E OGALLÁ O ALCALDE SEXA SENSIBLE AOS TEUS DESEXOS.