ANTONIO, PAI DE RAFA, MÚSICO

ANTONIO, PAI DE RAFA, MÚSICO

O MÉRCORES PASADO TIVEMOS CON NÓS A ANTONIO; TOCA O SAXOFÓN NUNHA ORQUESTRA NAS FESTAS, SOBRE TODO NO VERÁN. ÁS VECES TOCA NALGÚN PROGRAMA DA TELEVISIÒN DE GALICIA.

TROUXO O SEU SAXO E  FOINOS DICINDO AS SÚAS PARTES : A PARTE QUE NON SE DESMONTA SE CHAMA "CORPO"; É UN TUBO CHEO DE BURATOS QUE REMATA NUN ENSANCHAMENTO EN FORMA DE CAMPÁ , POR DONDE SAE O SON, QUE SERÁ DIFERENTE SEGUNDO OS BURATOS QUE TAPEMOS.

PARA ALONGAR O CORPO SE LLE ENGADE UNHA PEZA CURVA CHAMADA TUDEL, E NESTA PEZA SE COLOCA A PARTE MÁIS IMPORTANTE : A BOQUILLA NA QUE SE INTRODUCE UNHA CANA  QUE PODE SER DE MADEIRA DE BAMBÚ OU DE METAL; FAISE A PARTIRES DUNHA DAS MATERIAS PRIMAS DAS QUE NOS FALABA RAFAEL, O AVÓ DE TAHIRA.

 

UNHA VEZ SUXEITA POR MEDIO DUNHA PECIÑA CHAMADA ABRAZADEIRA XA PODEMOS EMPEZAR A TOCAR.

NON É NADA FÁCIL. ANTONIO COMENTOUNOS QUE A MÚSICA ERA UNHA DAS ARTES MÁIS DIFÍCILES PORQUE NON TE PODES EQUIVOCAR : SE TE EQUIVOCAS NUNHA NOTA A MELODÍA DEIXA DE SELO.

SE TE EQUIVOCAS NUNHA ESCULTURA, PODES RECTIFICAR, PERO A MÚSICA VAI UNIDA AO TEMPO E NON SE PODE RECTIFICAR.

TAMÉN NOS COMENTOU QUE A MÚSICA É A COMBINACIÓN DE SETE NOTAS : DO, RE, MI, FA, SOL, LA, SI E OS SILENCIOS. DEPENDENDO DE COMO ESTEAN COLOCADAS, ASÍ SERÁ A MELODÍA.

ESCRIBIMOS AS NOTAS, COLOCÁMONOS DE DIFERENTES FORMAS E ANTONIO ÍA TOCANDO DISTINTAS MELODÍAS

 

TAMÉN NOS DIXO QUE A MÚSICA PODE SOAR  DOCE E MELANCÓLICA, ALEGRE E NERVIOSA E QUE DEPENDE MOITO DA PERSONALIDADE D@ INTÉRPRETE, PERO ISO SÓ SERVE CANDO SE TOCA POR PRACER PERO CANDO SE TOCA POR TRABALLO TEN QUE SOAR DUNHA MANEIRA DETERMINADA E SE ESTÁS TRISTE, TE AGUANTAS E TOCAS ALEGRE SE ESTÁS NUNHA VERBENA.

NÓS CERRAMOS OS OLLOS E XOGAMOS A IDENTIFICAR CANDO TOCABA DUNHA MANEIRA OU DOUTRA

E REMATAMOS ESCOITANDO UNHA PEZA DE CARLOS JOBIN UN MÚSICO BRASILEIRO QUE FUSIONOU A BOSSA NOVA CO JAZZ.

FOI UNHA SESIÓN MOI BONITA. MOITAS GRAZAS ANTONIO