Animación á lectura

COMPARTIMOS LECTURAS

Sempre é bonito compartir, e máis se é un libro. Hoxe comezou o proxecto "lecturas compartidas" na biblioteca, será os martes e xoves no recreo. O alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria leralles contos aos seus compañeiros de 1º,2º,3º e infantil. 

  

PREMIOS: "ESCRÍBE UNHA CARTA A..."

No día de hoxe fíxose entrega dos galardóns do concurso que organiza o concello de Oroso "Escribe unha carta a...", para promocionar o Camiño Inglés. Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela foi Walter de Gray, arcebispo de York, que pasou por Oroso camiño de Santiago no ano 1222, é dicir, hai 800 anos. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Lía Cruz Moreiro exalumna de 5º B  e o 2º premio recaeu en Carmela Pérez Vilar de 6º C. Parabéns para as dúas!!!
  
  
  

VEN COÑECER A LEANDRA!

O vindeiro día 3 de outubro ABRE A BIBLIOTECA en horario de mañá e tarde.

Este ano poderemos coñecer a LEANDRA, unha fermosa moza creada polo ilustrador Leandro Lamas, que como sabedes, nos visitou ao inicio do curso.

Coa súa xenialidade creamos un espazo na biblioteca cheo de calma, tan necesario nos tempos de lectura.

Convidámosvos a que veñades á nosa biblioteca para que poidades coñecer e desfrutar deste espazo tan máxico: “O ESPAZO DE LEANDRA”

    

  

  

A NOSA BIBLIO DE FESTA!!!

NON PUIDEMOS EMPEZAR MELLOR O CURSO. ESTÁ CON NÓS.... NADA MÁIS E NADA MENOS QUE... LEANDRO LAMAS!!! 

É un orgullo para a nosa biblioteca e para todo o colexio poder contar con Leandro durante algunhas xornadas, mentres pinta nunha das paredes da biblio unha fermosa imaxe que xa quedará con nós para sempre. 

Todo o alumnado tivo a oportunidade de presenciar o proceso do gravado e poderlle preguntar todas cantas dúbidas lles xurdían. Que boa experiencia!

  

  

XA NUNCA TE ESQUECEREMOS LEANDRO! MOITAS GRAZAS.

 

VISITA DE HECTOR CAJARAVILLE

Maio, o mes das flores e das Letras Galegas. Onte tivemos o privilexio de escoitar a Héctor Cajaraville presentando o libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade", autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Tod@s estivemos moi atentos, xa que Héctor ten unha gran capacidade para comunicar e transmitir oralmente os seus coñecementos.

Gracias Héctor pola túa colaboración e gracias ao Concello de Oroso pola ofrecernos esta actividade.

Esperámoste na próxima visita.

CONTACONTOS KALANDRAKA

Comezamos o mes de Abril con un Contacontos. Hoxe visitounos Paco Nogueiras para contar e cantar uns contiños de KALANDRAKA ( ANIMAIS, ANIMAIS DA GRANXA, OS RATOS DA CASA, ELMER E BECHOS) Clica na imaxe para ollar algunha fotiño:

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller declarado polas Nacións Unidas en 1975. Esta data conmemórase en moitos países do mundo. As mulleres dos diferentes continentes, separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día na loita en pro da igualdade, a xustiza e a participación en todos os ámbitos da sociedade.

No noso colexio quixemos lembrar ás mulleres que cada un de nós eliximos como GUÍA NO NOSO CAMIÑO CARA SANTIAGO E ACOMPAÑANTE NA TRAXECTORIA DA NOSA VIDA.