Animación á lectura

Día das Bibliotecas Escolares 2018

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares

A Biblioteca Escolar é un dos elementos fundamentais da comunidade educativa, xa que nela conflúen tanto o interese pola lectura como a inquietude de aprender de xeito activo.

No 1999 a Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares (IASL) instaurou esta conmemoración co obxecto de destacar a importancia das Bibliotecas Escolares na educación dos nosos nenos e nenas.

O lema para este 2018 é; "Bibliotecas Escolares: Portas á Vida". E así abrimos as portas da nosa biblioteca para levala ó patio de xogos, favorecendo a súa percepción como elemento lúdico e de gozo.

 

 

María Canosa visita o noso cole

No día de hoxe tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Trátase de María Canosa, autora da obra Muriel que lemos os alumnos e alumnas de 5º curso este ano, e coa que se fixo merecedora do prestixioso Premio Merlín en 2017, despois de quedar finalista ata en 3 ocasións segundo nos relatou ela mesma.

Ela contounos, coa súa voz tenra, como comezou a escribir as historias que estaban na súa cabeza de xeito que non as esquecera. Ata a publicación do seu primeiro libro, escribía para sí mesma; despois comezou a escribir para nós, para os lectores. Nós tiñamos unha morea de preguntas sobre Muriel, en quen se inspirara para definir as personaxes, se ía ter unha 2ª parte, que pasou coa avoa Belinda... María contestounos algunhas, outras dixo, eramos nós quen as tiñamos que responder pois non tiñan unha única resposta senon tantas coma lectores. Antes de marchar, asinounos os nosos libros e ata nos estampou un bico de bolboreta! 

Que visita máis agaradable! Volve cando queiras!

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> María Canosa

Xelís de Toro visita o noso cole

Hoxe visitou a biblioteca do noso cole Xelís de Toro, autor da obra O trompetista e a lúa, que están lendo os alumnos/as de 2º de Primaria. Amais de contarnos o conto e tocar a trompeta, asinounos o seu libro. Moitas grazas por compartir este día con nós!

  

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Xelís de Toro

Actividade interxeracional: costureiras

Coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, tivemos unha visita moi especial no cole... Coñecedes a Uxía? A boneca protagonista da obra de Mª Victoria Moreno "A festa no faiado"? Pois con Uxía coñecemos o faiado da súa casa e todas aquelas "cousiñas" que nel estaban gardadas e que estaban relacionadas cun oficio moi tradicional: "AS COSTUREIRAS"

Coas personaxes desta obra, gato, rato, Teodosia e Uxía, percorremos unha chea de xogos que nos acercaron aínda máis a este oficio. Cal foi a nosa sorpresa cando, para rematar a xincana de xogos, a mesma Mª Victoria Moreno, nos adicou un diploma personalizado na nosa biblioteca.

Moitas grazas a todos os que fixestes posible esta actividade, disfrutamos moitísimo con todos vós.

  

  

Todas as fotos no seguinte álbum

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Actividade interxeracional: costureiras

Quedada Literaria

Dentro das actividades a desenvolver con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o alumnado do noso centro participa esta semana nunhas xornadas de convivencia cos compañeiros e compañeiras do CEIP Camiño Inglés, nas que gozarán da literatura de María Victoria Moreno á beira do río Carboeiro. Máis fotos clicando na imaxe:

 

Lectura Ininterrompida "As Aventuras de Don Quixote"

Como cada curso o alumnado do noso cole celebra o "Día do Libro", e que mellor xeito de facelo que lendo. E ó grande! Cunha lectura ininterrompida na bilbioteca durante toda a xornada escolar, na que participou o noso alumnado, e para a que seleccionamos un clásico da nosa literatura adaptado ó noso alumnado, "As Aventuras de Don Quixote".

(enlace ó álbum)

 

Madriñas e Padriños Lectores

 Un curso máis as alumnas e alumnos de primaria exerceron como madriñas e padriños lectores dos máis pequenos, poñéndolle voz ós seus contos favoritos, e compartindo unha sesión de lectura cargada de significatividade e diversión.

Isto si son boas prácticas lectoras!

 

 

Enlace ó álbum

Pep Bruno tamén nos manda un saúdo

Ademáis de Antonio García Teijeiro, Pep Bruno, o ilustrador de Pétala ou de A noite das mudanzas entre outros tamén se lembrou do CEIP de Sigüeiro e escribiunos a súa dedicatoria. Moitas gracias por darlle forma e cor aos contos que tanto nos gustan aos rapaces e rapazas de Sigüeiro.

 

Dedicatoria de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 pola súa obra Poemar o mar, participaba hoxe nos Encontros Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Dende alí, deixábanos un agasallo en forma de dedicatoria a todos os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro.

 Moitas grazas Antonio pola dedicatoria e, sobre todo, por escribir na nosa lingua unha poesía que gusta tanto aos nosos rapaces e aos non tan nenos.

Tentaremos seguir o teu consello e encher de poesía o mar dos nosos soños.

Rosa Aneiros visita o noso cole

Hoxe recibimos unha visita moi especial no noso cole, a de Rosa Aneiros, autora do libro A batalla da pequena Chañan Curi Coca, que estivemos lendo os/as alumnos/as de 4º de primaria.

Contounos que para escribir o libro se inspirou nunha historia real dun desafiuzamento, ao que sumou personaxes da guerreira inca Chañan, historia que coñeceu nunha viaxe a Perú. 

Fixémoslle moitas preguntas e asinounos o seu libro. Podedes ver as fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Rosa Aneiros