Animación á lectura

VISITA DE BERTA DÁVILA

 

O luns o alumnado de 6º tivo unha visita especial! Cando chegaron ao salón de actos estaba Berta Dávila, autora de "Demetrio Demoscopio perdeu a chispa" esperando para falar con eles do libro, de como e cando comezou a escribir, dos seus libros... O máis importante foi que descubrimos que é a chispa, que é algo diferente para cada un de nós, iso que nos fai emocionar. O encontro rematou coa firma de libros. Esperamos volver a verte pronto cunha nova aventura. 

  

  

CLUB DE LECTURA "INVISIBLE"

 

Primeira e segunda sesión de "Invisible " de Eloy Moreno, un libro co que o tempo pasa voando. Na próxima publicación ensinarémosvos os gardiáns e superheroes que estamos a facer.

 

 

  

MENSAXE DE PAULA CARBALLEIRA

 

No club de lectura, como todos sabedes, estivemos lendo Pan con chocolate de Paula Carballeira. Cando o estabamos

rematando ocurréusenos poñernos  en contacto con ela para contarlle que nos gustou moito o libro, tanto como a

merenda de pan con chocolate,  que xogamos a inventar binomios, tal e como facía Gianni.  E ela enviounos este vídeo con

moito agarimo.

Moitas grazas Paula, esperamos que nos visites pronto.

 

 

                             

DESPEDIDA "PAN CON CHOCOLATE"

Temos que decirlle adeus a Pan con chocolate de Paula Carballeira, con el divertimonos e

aprendemos. Pronto empezamos nova aventura. Xa vos iremos contando.

 

 

5º SESIÓN CLUB DE LECTURA

 

O pasado venres tivemos a 5º sesión do club de lectura, coa que rematamos o libro Pan con chocolate de Paula Carballeira. Como estaba bo día, dicidimos saír a ler ao exterior. Aproveitounos moito a lectura e o sol. Recreos saudables e divertidos.

  

 

 

RECITADO POÉTICO MUSICADO DE ROSALÍA

 

Esta semana o luns fixemos un recitado poético musicado de Rosalía no que participaron todos os

grupos dende infantil a primaria. Tamén escribimos poemas nas ventás e o equipo da biblioteca

colocou un expositor con libros de Rosalía.

                           

                        

 

 

 

CHARLA DE EVA MEJUTO

 

Esta mañá visitounos Eva Mejuto, autora de "A lavandeira de San Simón", para manter unha charla

co alumnado de 6º de Primaria. Contounos que a  Illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil,

cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. E que  as mulleres 

axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa

á illa. Neste libro conta a historia dunha destas mulleres e da súa filla, que sufriron a represión

franquista e que loitaron por cambiar ese tempo que lles tocou vivir. Gracias pola túa visita Eva

Mejuto e gracias ao Concello de Oroso  por proporcionarnos estas experiencias.