Animación á lectura

CartasEmocionantes

"A alegría ía, ía,

cando ti rías.

A tristeza eza, eza,

cando chores con franqueza.

A rabia abia, abia,

cando a túa cara cambia.

O medo edo, edo,

se te encondes tralos dedos.

A calma alma, alma,

cando saltas e das palmas.

E o amor mor, mor,

se nos abrazamos nos."

"Un Monstro de Cores" (adaptación)

 

As emoción agardan por nós en cada recanto, e iso sábeo ben o noso alumnado.

E se non, mirade a cantidade de sentimentos e sensacións que decidiron compartir.

 

Accede ó álbum "Cartas Emocionantes" e emociónate con nós.

 Canto traballo vai ter Nica para repartilas todas!

 

 

AbrideAFiestra

 Para celebrar o Día de Rosalía xunto coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

pedimos que as familias enviasen fotos con poemas ou imaxes. Xa nos están a chegar as primeiras.

Preme na imaxe para velas todas ou visita a nosa galería.

MOCHILAS A VIAXAR!

 

Xa están listas as MOCHILAS VIAXEIRAS, comezamos unha nova viaxe.

A partir de mañán, e como levamos facendo os últimos cursos dentro das actividades de fomento e dinamización da biblioteca do centro, cada aula contará cunha recompilación de materiais gráficos e audiovisuais que o seu alumnado poderá levar á casa para gozar, xunto coa súa familia de.... 

ese conto que tanto nos gustou,

ese libro de poemas que ten palabras fermosas,

as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron,

esa música que fai bailar ás pedras,

unha película,

un libro que fala do tema que andamos a estudar....

 

Se tedes algunha dúbida sobre o seu funcionamento non vos preocupes, porque Nica pensa en todo.

Cada mochila vai acompañada de toda a información precisa sobre o seu funcionamento.

"Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura".

CONTA CONTOS DE MAIO

As xornadas de Conta Contos dos mércores están a ser todo un éxito.... 

Este mércores, tres alumnas de 6º narraron as historias de "Toribio" facendo un percorrido literario e literal polos seus inventos. Pasamos un rato ben divertido.

Parabéns para elas!

TORIBIO CHEGA AO NOSO CENTRO......POR PEDRO BRANDARIZ

Toribio é un neno de oito anos cun enxeño fóra do común que desfruta inventando todo tipo de artiluxos imposibles. Xunto a él, e da man do seu creador Carlos Casares, viaxaremos sen tregua polo mundo da fantasía.

Carlos Casares creou esta saga nos anos 90, adiantándose así ao fenómeno que este estilo de  literarura infantil causa na actualidade.

Hoxe, o alumnado do centro puido disfrutar da presentación deste personaxe de xeito lúdico da man de Pedro Brandariz, divertido contacontos que encheu a nosa xornada de cor e risas.

COS NOSOS CONTOS

A nosa Nica é moi presumida, xa sabedes canto lle gusta ir deixando polos recunchos do cole as súas fotos nas que, iso si, sempre sae lendo, porque xa sabedes que é algo que lle encaaantaaaa!.

Así que...cavilando.....chegou a unha conclusión.....

Por que vou encher todo coas miñas fotos lendo, se aquí hai moitísimos nenos e nenas os que lles encanta ler?

Visita de Manolo Rivas

"Nunha cidade costeira, Rosa Ribero, unha xornalista sen pelos na lingua, ve como todo o seu mundo da un xiro radical o embarcarse nunha perigosa aventura da man de Bala Perdida, un pirata".

Así é o mundo literario no que se está a mergullar o noso alumnado de 6º!

E por si a aventura non resultara a todas luces apaixoante, tivemos a sorte de compartir a nosa visión co seu autor, Manolo Rivas, quen non dubidou en respostar a tódalas nosas preguntas; ler con nós os seus parágrafos favoritos; firmar os nosos exemplares e mesmo colaborar  na plantación dunha camelia en conmemoración polo aniversario de Rosalía. 

 

Graciñas Manolo!

MALETAS VIAXEIRAS

MALETAS VIAXEIRAS

 

Un curso máis seguimos empeñados en espertar entre  o noso alumnado o pracer pola lectura. 

Entre as propostas que facemos dende a biblioteca, este curso dispoñemos dun recurso novo que a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia pon á nosa disposición; "As Maletas Viaxeiras". 

Esta 1ª quincena do mes de febreiro contamos cunha maleta de "ciencias" con máis de 30 títulos, entre libros e películas, cargados de información, actividades e moita diversión, porque... quen dixo que a ciencia non pode ser divertida?

 

 

XORNADAS DE CONTACONTOS

A partir do mes de febreiro, todo o alumnado do centro que o desexe, poderá participar nas sesións de Contacontos organizadas dende a biblioteca, e que se desenvolverán tódolos mércores na hora do recreo. 

Convertiranse así en contadores e contadoras de contos, hitorias, anécdotas..... e disfrutarán escoitando os seus compañeiros e compañeiras. 

QUE CONTOS!

Qué contos e qué actrices e actores! Felicidades para todo o alumnado de 6º que nos impresionou cos seus contos de Samaín. Estiveron xeniais. A ver cando hai máis, estamos desexando volver vervos ...

 

&;