O noso comedor

ALUMNADO NON TRANSPORTADO INTERESADO NO SERVIZO DE COMEDOR

Estimadas familias, se vostedes están interesados no servizo de comedor para o vindeiro curso, deberannos entregar no despacho de administración, ata o 30 de xuño, o seguinte documento cuberto, así como a seguinte documentación acreditativa dalgunha das seguintes circunstancias de ser o caso:

-    Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%  (certificado de servizos sociais)

-    Alumnado membro de familias numerosas (título ou carné)

-  Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía:

  • Informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público
  • Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo.
  • Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia

O noso comedor

  

 

            

 

 

 

LISTADO DE ALUMNADO EN RESERVA QUE FINALMENTE RESULTOU ADMITIDO NO COMEDOR 2018/2019

Trala xuntanza do Consello Escolar celebrada hoxe 5 de setembro de 2018, resultaron admitidos no comedor escolar do centro 15 novos alumnos/as que se atopaban en situación de reserva. Poden consultar o listado no arquivo adxunto.

O alumnado admitido deberá cubrir o modelo de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II da Instrucción 1/2018 para determinar a contía que lles corresponde aboar polo servizo de comedor. Poderano recoller no colexio ou descargar da web e entregalo no Centro educativo ao longo desta semana ou ben na primeira semana de setembro.

Así mesmo, o alumnado admitido deberá informar e xustificar no Centro calquer problema de intolerancia ou alerxia que poida presentar.  

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO COMEDOR CURSO 2018/19

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido no comedor escolar para o curso 2018/19.

 

Aviso alumnado comedor

alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2018/2019, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2017 e entregalo no colexio entre o 9 e o 13 de xullo ou entre o 3 e o 7 de setembro. Tamén se poderá enviar por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.es

Non terá que cumplimentar este impreso o alumnado seguinte:

        • O que accede ao comedor a través de Servizos Sociais
        • O que estea en situación de acollemento
        • O que teña un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%
        • O que sexa vítima de violencia de xénero

LISTADO PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO E EN RESERVA NO COMEDOR CURSO 2018/2019

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e en reserva no comedor para o vindeiro curso 2018/2019. A partir de hoxe, ábrese un prazo de 5 días para a presentación de alegacións. Clicar na imaxe para ampliar.

 

SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2018/2019 (PARA ALUMNADO NON TRANSPORTADO)

As familias de alumnado non transportado interesadas no servizo de comedor para o vindeiro curso, deberannos entregar no despacho da administrativa, ata o 15 de xuñoo documento adxunto cuberto e a documentación acreditativa.

Despedindo á nosa cociñeira Vanesa

Este venres despedíamos con moita mágoa a Vanesa, a cociñeira que tan ben nos dou de comer nos últimos meses. O seu paso polo CEIP de Sigüeiro deixou unha pegada imborrable no alumnado, profesorado e nais/pais. E así llo quixemos demostrar no seu último día.

     

  

 

Desexámoslle moita sorte na súa andaina profesional e tamén persoal, e recordámoslle que aquí sempre terá un oquiño.

 

GRAZAS POR TODO!

Nadal no Comedor

A festa continuou no comedor tamén. Ademais do menú especial para o último día de comedor do 2017 composto de langostinos, churrasco e lambetadas de Nadal de sobremesa; a música non deixou de soar e a festa era tanta que ata se creou unha conga arredor das mesas. 

Disfrutade deste merecido descanso e vémonos en xaneiro! Boas Festas!

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Nadal no comedor

O noso comedor renova a súa imaxe

 

Como xa vos adiantabamos hai uns días, comezamos un novo curso escolar cheo de novidades. Unha delas é a ampliación e mellora do comedor escolar. Tirouse un tabique e engadiuse un novo espazo o que permitirá dar cabida a máis alumnado. Tamén se renovou o mobiliario coa adquisición de novas mesas e cadeiras, así como dun lavavaixelas para a cociña. Aproveitouse tamén para redecorar e facer do comedor do cole un local máis acolledor. Agardamos que vos guste!

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> O noso comedor