Estimadas familias, se vostedes están interesados no servizo de comedor para o vindeiro curso, deberannos entregar no despacho de administración, ata o 30 de xuño, o seguinte documento cuberto, así como a seguinte documentación acreditativa dalgunha das seguintes circunstancias de ser o caso:
- Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33% (certificado de servizos sociais)
- Alumnado membro de familias numerosas (título ou carné)
- Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía:
- Informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público
- Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo.
- Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia
Anexo | Tamaño |
---|---|
ALUMNADO QUE NON É DE TRANSPORTE actual.pdf | 359.54 KB |