Trala xuntanza do Consello Escolar celebrada hoxe 5 de setembro de 2017, resultaron admitidos no comedor escolar do centro 15 novos alumnos/as que se atopaban en situación de reserva. Poden consultar o listado no arquivo adxunto.
IMPORTANTE: Este alumnado, e aqueloutro usuario do comedor que aínda non o fixera, deberá cumprimentar o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2016 (que se atopa no documento adxunto da esquina inferior dereita) e entregalo no centro ou remitilo por correo electrónico ao enderezo ceip.sigueiro@edu.xunta.es entre o 6 e o 8 de setembro. Non terá que cubrir este impreso o alumnado seguinte:
- O que accede ao comedor a través de Servizos Sociais.
- O que estea en situación de acollemento.
- O que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- O que sexa vítima de violencia de xénero.