LISTADO DE ALUMNADO EN RESERVA QUE FINALMENTE RESULTOU ADMITIDO NO COMEDOR 2017/2018

Trala xuntanza do Consello Escolar celebrada hoxe 5 de setembro de 2017, resultaron admitidos no comedor escolar do centro 15 novos alumnos/as que se atopaban en situación de reserva. Poden consultar o listado no arquivo adxunto.

IMPORTANTE: Este alumnado, e aqueloutro usuario do comedor que aínda non o fixera, deberá cumprimentar o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2016 (que se atopa no documento adxunto da esquina inferior dereita) e entregalo no centro ou remitilo por correo electrónico ao enderezo ceip.sigueiro@edu.xunta.es entre o 6 e o 8 de setembro. Non terá que cubrir este impreso o alumnado seguinte:

  • O que accede ao comedor a través de Servizos Sociais.
  • O que estea en situación de acollemento.
  • O que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • O que sexa vítima de violencia de xénero.
AnexoTamaño
LISTADO COMEDOR.pdf268.05 KB
modelo autodeclar. comed. 17-18.pdf186.86 KB