COMO nos gusta COMER no cole!!!

Os nenos e nenas que comen no comedor do cole están encantados. Cada día comen mellor e con máis tranquilidade. Xa non se anda ás presas e a ver quen sae antes xogar. Hai un tempo para comer no que hai que permanecer sentados e no que se seguen formando e educando. A comida, sempre de primeira calidade, con productos frescos e a miudo procedentes da comarca. Os menús pensados para cubrir as necesidades nutritivas dos nenos e nenas dunha maneira saudable e elaborados na propia cociña do cole. Noraboa chicos e chicas, mamás colaboradoras e persoal da cociña.