Hoxe no menú .... TORTILLA! Feita na nosa cociña, un dos nosos pratos favoritos. Hmmm ricaaa... Grazas persoal da cociña.
Hoxe no menú .... TORTILLA! Feita na nosa cociña, un dos nosos pratos favoritos. Hmmm ricaaa... Grazas persoal da cociña.
Comezamos a recollida dos produtos da nosa horta: cebolas, allos, calabacín... Un grupo de alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fixo entrega de todo o recollido ao persoal de cociña do noso colexio. Completamos o ciclo, dende a nosa horta ata a nosa mesa. Que rico e san imos xantar!
O luns, 30 de marzo publicarase a orde do 27 de marzo de 2020, pola que se anuncian axudas para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor (usuarios/as gratuítos e semigratuítos). As familias interesadas deberán presentar unha solicitude ata o 6 de abril. Toda a información no documento adxunto.
Non só o noso alumnado celebra o antroido, a ilusión e entusiasmo tamén chegou ás mamás colaboradoras do comedor. Que xantar tan divertido!
Achégase a hora de xantar, umm!
Preparamos as mesas con manteis, pratos, vasos, culleres, garfos, coitelos...
E de pronto, o comedor cheo de nenos e nenas famentos :) Xantaremos de maneira saudable un primeiro prato, un segundo e unha sobremesa. Todo elaborado na nosa cociña e con productos da comarca. BO PROVEITO!!!
Trala xuntanza do Consello Escolar celebrada o 3 de setembro de 2019 resultaron admitidos os alumnos/as que se atopaban en situación de reserva. Poden consultar o listado picando sobre a imaxe.
O alumnado admitido deberá cubrir o modelo de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II da Instrucción 2/2019 para determinar a contía que lle corresponde aboar polo servizo de comedor. Poderano recoller na administración do centro ou descargar desta web e entregalo no colexio nos primeiros días de setembro.
Así mesmo, o alumnado admitido deberá informar e xustificar no centro calquer problema de intolerancia ou alerxia que poda presentar.
Consultar o listado completo no arquivo adxunto.
Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e en reserva no comedor para o vindeiro curso 2019/2020. Ábrese un prazo de 5 días para a presentación de alegacións. Clicar na imaxe para ampliar.
O alumnado que vai facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2019/2020, deberá cubrir o documento de autodeclaración cos datos da renda de 2018 e entregalo na Administración do Centro o antes que poidan, en todo caso, nunca despois do 11 de setembro. Tamén se poderá enviar por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.es.
Non terá que cumprimentar este impreso o alumnado seguinte:
Descargar autodeclaración
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |