O noso comedor renova a súa imaxe

 

Como xa vos adiantabamos hai uns días, comezamos un novo curso escolar cheo de novidades. Unha delas é a ampliación e mellora do comedor escolar. Tirouse un tabique e engadiuse un novo espazo o que permitirá dar cabida a máis alumnado. Tamén se renovou o mobiliario coa adquisición de novas mesas e cadeiras, así como dun lavavaixelas para a cociña. Aproveitouse tamén para redecorar e facer do comedor do cole un local máis acolledor. Agardamos que vos guste!

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> O noso comedor