Complementarias e Extraescolares

E CHEGOU O FIN DE CURSO

Que rápido pasou o curso! Estamos de festa, comezan as vacacións! E para celebralo, unha fantástica actuación dos MONIFATES no salón de actos do colexio...

  

... unha pequena exhibición de quad freestyle a cargo da profesora substituta de inglés Sara

 

Pero aínda non remata aí, despois a bailar cun DJ de La Gramola!

 

A disfrutar das vacacións! Bo verán!

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS E MAIOS

Este venres 20 celebramos as Letras Galegas e os maios no noso cole.

Empezamos cunha obra de teatro "Restaurante Farruco" interpretada polos rapaces e rapazas de 6º A, compartimos con vós un pequeno vídeo da actuación.

 

 Unha foto dos actores e actrices.

 Ao mesmo tempo o alumnado de 5 anos infantil e 4º de primaria participaba nun obradoiro de olería de Buño

Para acabar esta xornada festiva, cantamos ao redor do maio, entregamos o premio do concurso das Letras Galegas, e gozamos das marabillosas actuacións do noso alumnado, entre elas o baile por parte dun grupo de 5º de "A Pandeirada" de Florencio Delgado Gurriarán.

SAÍDA SANTIAGO - CATEDRAL

Este venres, día 1 de abril, as nenas e os nenos de 1º de Primaria visitamos Compostela para realizar a última parte do Camiño de Santiago.

Descubrimos moitas curiosidades e segredos que esconde a cidade. Ó rematar, puidemos entrar na Catedral e tamén no Hostal dos Reis Católicos para seguir coñecendo datos históricos sobre estes lugares. Sabiades que alí se bautizou Rosalía de Castro?

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Saída Santiago - Catedral - 1º Primaria

SAÍDA CAMIÑO DE SANTIAGO

Este xoves, día 24 de marzo, os nenos e as nenas de 5º de Infantil saíron a percorrer un tramo do Camiño de Santiago por Sigüeiro.

Estiveron acompañados por Cristina e Chema, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Grazas ás súas explicacións, puideron coñecer datos e curiosidades sobre O Camiño, ver os diferentes sinais e visitar o Paseo dos Peregrinos Ilustres.

Como final inesperado, convidáronos a entrar no Albergue Camiño Real. Viron onde descansan os peregrinos e as peregrinas que fan parada alí e tamén selaron a credencial!

         

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Camiño de Santiago - 5º Infantil

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller declarado polas Nacións Unidas en 1975. Esta data conmemórase en moitos países do mundo. As mulleres dos diferentes continentes, separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día na loita en pro da igualdade, a xustiza e a participación en todos os ámbitos da sociedade.

No noso colexio quixemos lembrar ás mulleres que cada un de nós eliximos como GUÍA NO NOSO CAMIÑO CARA SANTIAGO E ACOMPAÑANTE NA TRAXECTORIA DA NOSA VIDA.

  

  

ENTROIDO 2022

Este venres, 25 de febreiro do 2022, celebramos o Entroido no CEIPP de Sigüeiro.

Os nenos e as nenas do centro disfrazáronse dunha gran variedade de personaxes e realizaron varias actividades e xogos para desfrutar deste día tan especial.

Tamén houbo doces típicos destas datas!

Aquí tedes un álbum con imaxes da celebración. BO ENTROIDO!

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Entroido 2022

MANDADOS DO MECO

PARA A SEMANA COMEZA O ENTROIDO. PRESTADE ATENCIÓN AOS MANDADOS PARA SABER O QUE TEDES QUE TRAER CADA DÍA. COMO

XA SABEDES O ESTE ANO O TEMA DA BIBLIOTECA É O "CAMIÑO DE SANTIAGO" POR ESO O NOSO MECO É UN PEREGRINO.

                                                   

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Co motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, as nenas e nenos de cada curso encheron con palabras conciliadoras as mochilas dos peregrinos que estaban colgadas nos corredores do noso colexio. Velaí unha pequena demostración!