Este xoves, día 24 de marzo, os nenos e as nenas de 5º de Infantil saíron a percorrer un tramo do Camiño de Santiago por Sigüeiro.
Estiveron acompañados por Cristina e Chema, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Grazas ás súas explicacións, puideron coñecer datos e curiosidades sobre O Camiño, ver os diferentes sinais e visitar o Paseo dos Peregrinos Ilustres.
Como final inesperado, convidáronos a entrar no Albergue Camiño Real. Viron onde descansan os peregrinos e as peregrinas que fan parada alí e tamén selaron a credencial!