Complementarias e Extraescolares
O MAGOSTO
Este venres 5 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. A verdade e que xa tiñamos moitas ganas.
A xornada comezou coa degustación de castañas asadas que nos preparou o castañeiro Bieito. Os primeiros en probalas foron o alumnado de infantil e máis tarde pasaron por orde o resto dos cursos de primaria.
Ás 13:15 horas tivo lugar a entrega de premios do concurso de Samaín. O alumnado premiado polas mellores cabazas e composicións de cada ciclo, foi agasallado cun conto. Aproveitando a ocasión o alumnado de 6º de primaria foi galardoado co selo de Calidade Europeo polo Proxecto eTwinning "Web2English" que levaron a cabo o curso pasado.
ROTEIRO POLO CAMIÑO INGLÉS
O pasado venres, 17 de setembro, o alumnado e profesorado de 5º e 6º percorremos o tramo do Camiño Inglés, dende Carrás (Ordes) a Sigüeiro (Oroso).
Comezamos o roteiro con moita ilusión aínda que o tempo non nos acompañou.
Nos carteis puidemos ver os lugares por onde transcorreo o camiño.
Pasamos pola Fonte da Santiña
E aproveitamos o roteiro para mellorar a nosa contorna recollendo lixo (plásticos, latas, …)
Que como podedes comprobar non foron poucos.
Así non só gozamos da natureza, tamén a coidamos.
CAMPIÓNS DE TENIS DE MESA
O pasado 6 de xuño celebrouse o Campeonato Galego de Tenis de Mesa e tres alumnos/as do noso centro resultaron clasificados na categoría prebenxamín: Sasha Malov (3ºA) obteu o 1º posto, Rui Pérez (3ºB) o 3º lugar (3ºB) e Iago Viqueira (3ºB) en 5ª posición. Parabéns aos tres!
Pero a cousa non queda aí. O 27 de xuño celebrouse en Antequera o Campeonato de España e o 3 e 4 de xullo a Reactif Internacional Youth Open Uljap Roncq en Francia. E sabedes quen logrou a medalla de ouro en ámbalas dúas competicións? Pois o noso alumno Sasha Malov a quen felicitamos novamente dende o centro. Parabéns campión!
REMATA O CURSO
Hoxe, día 22 de xuño de 2021, é o último día do curso. Un curso especial marcado polas restricións, no que todo o alumnado tivo un comportamento exemplar adaptándose á nova situación que tiveron que vivir. Parabéns polo ben que cumpristes as normas! E agora a disfrutar das merecidas vacacións!
E para celebrar o fin de curso continuamos coa diversión, agradecéndolle á ANPA e ao concello de Oroso a súa colaboración. Depois da festa de onte para Infantil e 1º e 2º, no día de hoxe tocoulle ao resto dos niveis. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron do teatro científico con Ciencia Divertida e do espectáculo de Jorge de Jaujarana. E por último os nenos e nenas de 4º A asombráronnos cun fantástico e inesperado baile. Día perfecto!!!
CHEGA O FIN DE CURSO
Pasiño a pasiño chegamos á última semana deste particular curso 2020-2021. E coma durante todo o curso, tamén o final está condicionado pola pandemia que nos tocou vivir. Non podemos facer festival e festa todos xuntos, non poden entrar as familias e compartir a última xornada con nós... Pero sen algo especial non podiamos quedar! Hoxe, luns 21, o tempo non acompañou e impediu levar a cabo algunha das actividades que tiñamos proxectadas, coma a andaina por un tramo do Camiño Inglés que ía facer o alumnado de 5º e 6º ou a saída ao Carboeiro de 3º e 4º. Pero bueno, quen si puideron divertirse foron os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Pasárono en grande cantando e bailando con Javier Solla. Que diversión!
SEMANA DOS XOGOS POPULARES
Anda que anda, case sen darnos conta chegamos á penúltima semana do curso, semana que imos dedicar aos xogos populares. Grazas a Cándido Mascato e ao Concello de O Grove podemos contar cunha colección de 25 xogos durante toda a semana. O alumnado poderá divertirse con xogos como: mourón das ras, solitario celta, taboleiro do gato, xogo dos castelos, laberinto cooperativo, mourón da cruz, argolas no tallo, colgadoiro de ferraduras... A pasalo ben nenos e nenas que o curso remata!!!
David Navarro con nós
Hoxe acompañounos no colexio David Navarro ex xogador do Obradoiro. Presentounos o seu libro "O Soño de Liam" e firmou os exemplares que tiñamos. Aprendemos que os soños se os perseguimos pódense cumprir. Grazas David
ROSCO Ó RESCATE
O alumnado de 3º e 4º celebramos o Día do medio ambiente con Rosco, co que aprendemos un montón de boas prácticas para protexer a natureza, grazas á Casa Grande de Xanceda.
Deunos consellos tan bos coma: levar unha bolsa de tea á compra, recoller o lixo cando saiamos de paseo pola natureza, apagar as luces cando non son precisas, pechar a billa mentres lavamos os dentes, plantar unha árbore, reciclar... Ah! e ensináronnos un precioso robot feito con material de refugallo, basicamente con latas de conservas. E ademais, agasalláronnos cun lapis moi especial que... Contiña sementes!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »