Aínda que nos atrasamos un pouco, por fin saíu a nosa revista Hortocoliña. Esperamos que sigades
enviandonos noticias. Gracias por colaborar!
Como xa sabedes para poder lela só tedes que clicar na imaxe.
O alumnado de 4º de Primaria participou nun obradoiro STEAM de Arte Pop, empregando imaxes e temas da sociedade do consumo e da comunicación de masas. Levaba por título Non STOP para a arte POP e foi promovido pola Afundación Abanca. Tratouse dun divertido xogo de pistas para coñecer e achegarnos á cultura pop, clave e referencia do mundo do comic, a televisión, o cine e a música. Tivo lugar en Santiago na Sede Afundación.
Hoxe o alumnado de 3º Ciclo asistiu a representación da obra Wombo Combo no Auditorio do Centro Cultural de Sigüeiro invitados polo concello. Nesta peza reflexiónase sobre a vida virtual e a sociedade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ningúen se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para a compañía Galeatro.
Esta semana o alumnado de 2º Ciclo puido aprender un montón de cousas sobre unha das rutas a Santiago de Compostela. Trátase do Camiño Inglés que ademais pasa polo noso concello e pola vila de Sigüeiro, e que nos últimos anos experimentou un gran auxe aumentando enormemente o número de camiñantes que a través del se dirixen a Santiago. Foi por conta da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e co financiamento de Turismo de Galicia para sensibilizar e difundir os valores xacobeos. E nada mellor que aprender xogando, nesta ocasión utilizamos un tableiro cun xogo similar ao tradicional Oca. Que divertido!!!
E chegado novembro castañas asadas comemos!
Hoxe celebramos o MAGOSTO no cole. Foi unha xornada moi divertida: castañas asadas, xogos, zume...
Ao longo desta semana acompañáronnos no centro uns amigos da Empresa Integra, que promove a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade. Durante tres días desenvolveron actividades para o alumnado de 1º e 2º ciclo. O obxectivo sensibilizar sobre a DIVERSIDADE FUNCIONAL.
Os niveis de 1º e 2º traballaron o conto "Por catro esquiniñas de nada". A través del descubriron valores como a amizade, a aceptación, a superación, a autoestima, o respecto ás diferenzas, a diversidade... e puideron tomar conciencia das discapacidades.
O alumnado de 3º e 4º niveis estivo vendo e dinamizando o conto "Cro Cro na escola dos esqueletes". Puido comprobar como as diferencias son moi enriquecedoras e favorecedoras para nós e a nosa contorna.
Este martes 31 de outubro, celebramos o Samaín, as clases estaban
invadidas de vampiros, bruxas, aliens,... E despois do recreo,
fixemos a entrega de premios as mellores portas de Infantil
e Primaria, as mellores cabazas de cada ciclo, e aos mellores contos
das "Olimpiadas do terror". Gracias por participar !
E chegou o SAMAÍN!!! No cole pasámolo de medo!
Ao longo da semana pasada os nenos e nenas máis maiores estivéronnos lendo os contos que eles mesmos inventaron. Canta imaxinación! Trasladáronnos a lugares cheos de fantasía e sobre todo de TERROR! Os mellores contos tiveron un premio.
Tamén estivemos decorando as portas das aulas. Obxectivo: Terror mesturado con Olimpiadas
Por último trouxemos a nosa cabaza decorada coa temática deste curso, OLIMPIADAS. Con elas fixemos unha exposición DE MEDO! Que ben quedaron.
E para rematar, OS PREMIOS! Hoxe no recreo saberemos cales foron os CONTOS, as PORTAS e as CABAZAS seleccionadas.
Remata o curso e chegan as excursións para celebralo. Esta vez fomos a Pobo Aventura en Teixeiro (Curtis). Pasámolo xenial.
Hoxe, dentro das actividades organizadas para a celebración das Letras Galegas, os alumnos do Club de Teatro de 2º A e B, representaron diante das súas familias dúas obras "A pelexa das cores" e "A bruxa Regañadentes". O evento tivo lugar no salón de actos do colexio e ten un fin solidario recaudar alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Santiago(Balrial). Estes pequenos actores e atrices mostraron a súa paixón e talento nas obras que prepararon con esmero, nos recreos, ao longo do curso. Foron merecedores dos aplausos das súas familias, compañeiros e profesorado. Arte e solidaridade da man para axudar aos que máis o precisan. Ao mesmo tempo a Biblioteca segue co seu mercadiño solidario de libros, un libro un alimento.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |