2009-2010

O CASTELO DE SOUTOMAIOR

Silvia é unha nena da escola de Cruceiro. Silvia contounos neste portal que tiña gañas de visitar un castelo.

Loli é unha profesora que o pasado curso estivo no C.R.A. Este ano traballa nunha escola en Soutomaior.

Escribímoslle a Loli e pedímoslle que nos contara cousas do castelo de Soutomaior.

Mirade o que nos enviou!

OLA PROFES E NENOS E NENAS!
FUN POLO CASTELO A SACARVOS UNHAS FOTOS , QUE ESPERO VOS GUSTEN.

DÉRONME TAMÉN UNS FOLLETOS DA HISTORIA, CÓNTOVOS UN POUCO O QUE DIN:

O CASTELO ESTÁ SITUADO NO MUNICIPIO PONTEVEDRÉS DE SOUTOMAIOR. ESTÁ   FORMADO POR DÚAS TORRES UNIDAS POR UN EDIFICIO HABITABLE, UN  PATIO DE ARMAS E RODÉAO UNHA DOBRE MURALLA.

É UN CASTELO DE ORIXE MEDIEVAL, DE TEMPOS DE ALFONSO VII

CONSIDÉRASE UNHA EDIFICACIÓN FORTIFICADA, DE CARÁCTER MILITAR E DEFENSIVO. O SEU ESTRATÉXICO EMPRAZAMENTO NON SE DEBÍA Á ALTURA OU Á INACCESIBILIDADE SENÓN ÁS VANTAXES QUE POSUÍA:
- ATOPARSE AGOCHADA ANTE AS POSIBLES INVASIÓNS PROCEDENTES DO MAR
- SEÑOREABA AS TERRAS DO SEU FEUDO E CONTROLABA AS COMUNICACIÓNS DE SUR A NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
- DISPUÑA DE AUGA EN ABUNDANCIA.



DON PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR, FOI O PERSOEIRO MÁIS SINGULAR DOS RELACIONADOS CO CASTELO  E FIXO DEL A BASE DAS SÚAS CORRERIAS NO SÉCULO XV, ÉPOCA DE MÁXIMO ESPLENDOR DA CASA DE SOUTOMAIOR.

O CASTELO CONTA CUN XARDÍN CUNHA EXTENSIÓN DE 25 HECTÁREAS CONSIDERADO O XARDÍN BOTÁNICO MÁIS IMPORTANTE DE GALICIA AO REUNIR MÁIS DUN CENTO DE VARIEDADES DE CAMELIAS, CASTIÑEIROS MILENARIOS E ÁRBORES DOS CINCO CONTINENTES.

         ESPERO QUE VOS GUSTE E CANDO QUEIRADES PODEDES VIR VISITALO.

UN SAÚDO PARA TODOS. 

LOLI

OUTRA FROITA DO OUTONO: O CAQUI

ESTES DÍAS ESTIVEMOS A MIRAR AS FROITAS DE OUTONO QUE OS NOSOS COMPAÑEIROS DO PAZO AMOSARON NO PORTAL.

PARA SEGUIR COMPLETANDO A COLECCIÓN NÓS QUIXEMOS TRAER HOXE Á ESCOLA UN PAR DE CAQUIS.

OBSERVÁMOLOS, DESCUBRIMOS CAL ESTABA SUFICIENTEMENTE MADURO PARA PODER COMELO E ANIMÁMONOS A PROBALO.

E HOUBO A QUEN LLE SOUBO MOITO!!

CON MOITA ARTE

As actividades plantexadas neste proxecto teñen como obxectivo favorecer e disfrutar dos descubrementos dos propios nenos e nenas, posto que a exploración da linguaxe visual, potencia a capacidade de pensar, sentir e actuar.
Neste 1º trimestre o primeiro convidado foi Piet Mondrian
Para chegar ó artista comezamos a búsqueda de información,
nos libros, na rede...
 
Agora queda o proceso creativo.

UNHA ORQUESTRA CON MÚSICOS DE ABUÍN E PAZO

ESTE MARTES OS NENOS E NENAS DE ABUÍN E NÓS, OS DE PAZO

FIXEMOS UNHA SINGULAR ORQUESTRA NA SEDE:

* * *

            TIÑAMOS AO DIRECTOR:                                                            AOS INSTRUMENTOS MUSICAIS:             

    

                 

 AOS MÚSICOS E PROTAGONISTAS:

 

E LOGO DUNS ENSAIOS, UNHA, DÚAS, TRES....AÍ VAMOS, A TOCAR!

OS CASTROS DE NEIXÓN

OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA FOMOS 

DE VISITA ÓS  CASTROS DE NEIXÓN

   

VIMOS O CASTRO PEQUENO  E...

   

O FOXO, QUE USABAN COMO CONCHEIRO

   
   

NO MUSEO VIMOS ESTOS RESTOS QUE ATOPARON OS ARQUEÓLOGOS,

COMO A TAPADEIRA, O PERFUMARIO...

   
   

 E, CAMIÑO DO CASTRO PEQUENO, ATOPAMOS

MOITOS COGOMELOS

 

 E TAMÉN ALGUNHA FLOR.

PASÁMOLO MOI BEN!!!

 

 

 

A NOSA PEQUENA BIBLIOTECA

OLA AMIGO DANIEL, COMO O MARTES NOS INVITACHES A IR A TÚA BIBLIOTECA,

 QUEREMOS ENSINARCHE A QUE TEMOS NÓS NA NOSA AULA.

* * *

É PEQUENIÑA, PERO NELA PASÁMOLO MOI BEN

 IMAXINANDO QUE SOMOS OS PROTAGONISTAS DE MOITAS AVENTURAS.

 ALÍ TAMÉN GARDAMOS OS CONTOS QUE NOS PRESTAS TÍ.

 ESPERAMOS QUE CHE GUSTE.  

A PRIMEIRA SESIÓN DESTE ANO  GUSTOUNOS MOITO, MOITO.

 DIVERTÍMONOS  COAS AVENTURAS DA FOLLA SECA, DO POLO PEPE E DO OSIÑO

QUE TIÑA TANTO SONO.

* * * 

GRAZAS PROFE MARÍA POR CONTARNOS TAN BEN OS CONTOS,

 E A TI DANIEL POR INVITARNOS A ESE CAUTIVADOR RECANTO.

Ó CHEGAR Á ESCOLA AÍNDA NOS DEU TEMPO A FACER UNS DEBUXOS.

SORPRESA,...ESTE É O INICIO,

XA  VEREDES AS NOSAS OBRAS!!!

SESIÓN DE CONTOS NA BIBLIOTECA

ESTES DEBUXOS FIXEMOLOS NA CLASE,

DESPOIS DE QUE MARÍA NOS CONTARA CONTOS

NA BIBLIOTECA EN ASADOS

 BIBILOTECA  BIBLIOTECA
 BIBLIOTECA BIBLIOTECA
 BIBLIOTECA  BIBLIOTECA

 GUSTARONNOS MOITO TODOS, PERO O DO POLO PEPE

PARECENOS MOI DIVERTIDO

 

 

 

VISITA Ó CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA

O VENRES 6 OS NOSOS COMPAÑEIROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA REALIZARÁN UNHA VISITA GUIADA Ó CENTRO ARQUEOLÓXICO DE BARBANZA E CASTROS DE NEIXÓN.

ACCEDE DENDE ESTES ENLACES ÁS NOVAS COLGADAS POLAS ESCOLAS:

escola do pazo

O SAMAIN

A SEMANA PASADA TRABALLAMOS UN MONTÓN NA NOSA ESCOLA PARA

PODER CELEBRAR O SAMÍN. DECORAMOS UNHAS CANTAS CABAZAS E O

RESULTADO FOI O SEGUINTE:

           

          MIRADE QUE CABAZAS HAINAS GRANDES,MEDIANAS E PEQUENAS

           

         ALGUNHAS VALEIRÁMOLAS E OUTRAS SÓ AS PINTAMOS E DECORAMOS.

 CELEBRÁMOLO SAMAIN GASTÁNDOLLE UNHA BROMA AS NAIS E PAIS.  APAGAMOS

 AS LUCES DO XIMNASIO, PRENDÍMOLAS CABAZAS. DESPOIS AS PROFES MANDARON

 PASAR AOS PAPÁS E NÓS ASUSTÁMOLOS, LEVARON UN SUSTO DE MORTE!!!!I 

 MIRADE COMO ASUSTABAN AS CABAZAS: 

 

   

 AHÍ ESTÁN AS MAMÁS E PAPÁS E ALGUNHA AVOA CANDO ENCENDIMOS A LUZ.

  

            FOI MOI DIVERTIDO........

 

XENTE DE CASCA DE OVO

VOS SABIADES QUE AS NOSAS AVOAS, CANDO ERAN PEQUENAS,  ADEMÁIS DE FACER BONECAS DE MILLO, SABÍANNAS FACER TAMÉN DE CASCA DE OVO?

A NÓS CONTOUNOLO A AVOA DE AINARA.

ENTRE AS DÚAS FIXERON UNHA BONECA (BALEIRÁRONLLE O OVO, PUXÉRONLLE UN PANO, PINTÁRONLLE A CARA ) E TROUXÉRONNOLA Á ESCOLA.

GÚSTAVOS?

Distribuir contido