A NOSA PEQUENA BIBLIOTECA
OLA AMIGO DANIEL, COMO O MARTES NOS INVITACHES A IR A TÚA BIBLIOTECA,
QUEREMOS ENSINARCHE A QUE TEMOS NÓS NA NOSA AULA.
* * *
É PEQUENIÑA, PERO NELA PASÁMOLO MOI BEN
IMAXINANDO QUE SOMOS OS PROTAGONISTAS DE MOITAS AVENTURAS.
ALÍ TAMÉN GARDAMOS OS CONTOS QUE NOS PRESTAS TÍ.
ESPERAMOS QUE CHE GUSTE.
A PRIMEIRA SESIÓN DESTE ANO GUSTOUNOS MOITO, MOITO.
DIVERTÍMONOS COAS AVENTURAS DA FOLLA SECA, DO POLO PEPE E DO OSIÑO
QUE TIÑA TANTO SONO.
* * *
GRAZAS PROFE MARÍA POR CONTARNOS TAN BEN OS CONTOS,
E A TI DANIEL POR INVITARNOS A ESE CAUTIVADOR RECANTO.
Ó CHEGAR Á ESCOLA AÍNDA NOS DEU TEMPO A FACER UNS DEBUXOS.
SORPRESA,...ESTE É O INICIO,
XA VEREDES AS NOSAS OBRAS!!!
- APIs de Blogue
AMIGOS
AMIGOS UN DÍA TAMÉN VOS IMOS ENSINAR A NOSA BIBLIOTECA. TODOS NOS
GRAZAS POLA VOSA VISITA Á BIBLIOTECA
OLA NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL !
TANTO DANIEL COMA EU ESTAMOS ENCANTADOS POLA VOSA VISITA Á BIBLIOTECA DA SEDE, XA SABEDES, A BIBLIOTECA ONDE ESTÁ DANIEL ELEXINDO ESES CONTOS TAN FANTÁSTICOS QUE A VOSA PROFE PAULA VOS LEVA Á ESCOLA.
TEÑO QUE DARVOS AS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E PARTICIPACIÓN NA SESIÓN DE CONTACONTOS, AS GRAZAS TAMÉN POLAS VOSAS MIRADAS DE CARAMELO QUE FAN QUE UNHA QUEIRA SER PROFE PARA SEGUIR CONTANDO HISTORIAS TAN FANTÁSTICA COMA "O SEÑOR MAGO E A FOLLA", "EL POLLO PEPE" E TANTAS OUTRAS;TAMÉN XOGAR COAS PALABRAS FACENDO RIMAS CON VÓS. LEMBRADES? ELISA, QUE SUSTOS CHE DIN, FOI DIVERTIDO NON SI?
UN, DOUS TRES, QUE VES?
O CU DO REVÉS, JA, JA, JA....,
QUE DIVERTIDO É XOGAR COAS PALABRAS VERDADE? E CANTAS PILLERÍAS PODEMOS DICIR.
XA VEXO QUE NON PERDEDES O TEMPO, E NADA MAIS CHEGAR Á ESCOLA VOS PUXESTES A TRABALLAR NA ILUSRACIÓN. NON SABEDES AS GAÑAS QUE TEMOS DANIEL E MAIS EU DE VER AS VOSAS OBRAS DE ARTE. POÑÉDEAS NO PORTAL, NON VOS ESQUEZADES.
UN BIQUIÑO,
MARÍA
QUE ENORME SATISFACCIÓN VERVOS NA BIBLIOTECA
MOITAS GRAZAS POR AMOSARME A VOSA BIBLIOTECA, PEQUENIÑA PERO DE CALIDADE; PARECEUME DISTINGUIR "A CEBRA CAMILA", "O COELLIÑO BRANCO", "GATO GUILLE E OS MONSTROS", "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS", LIBROS TODOS ELES MOI BONITOS QUE DE SEGURO VOS FARÁN PASAR MOMENTOS INESQUECIBLES.
NON DEIXEDES DE VISITALA NINGÚN DÍA. ESPERO ANSIOSAMENTE OS VOSOS DEBUXOS, AS VOSAS RIMAS, OS VOSOS PEQUENOS POEMAS, AS VOSAS FOTOS . LEMBRADE QUE EU PRESENTEIVOS A MIÑA FAMILIA E GUSTARÍAME COÑECER AS VOSAS, OS SEUS NOMES, OS SEUS TRABALLOS E TODO AQUILO QUE QUEIRADES COMPARTIR COMIGO E COS NENOS E NENAS DAS OUTRAS ESCOLAS.
UN BIQUIÑO,
DANIEL
GUSTOUNOS MOITO QUE NOS
GUSTOUNOS MOITO QUE NOS ESCRIBIRAS. LIDIA
XA TEMOS GANAS DE VISITARCHE OUTRA VEZ E ENSINARCHE OS NOSOS TRABALLOS. ALEX E XOEL
ANSIOSO POR VELOS
ESTOU ANSIOSO POR VELOS PERO COMO AÍNDA FALTA UN TEMPIÑO PARA VERNOS PODEDES IR POÑÉNDOOS NO PORTAL . PARÉCEVOS BEN?
UN BIQUIÑO E UNHA APERTA PARA TODOS E TODAS
DANIEL