CON MOITA ARTE
As actividades plantexadas neste proxecto teñen como obxectivo favorecer e disfrutar dos descubrementos dos propios nenos e nenas, posto que a exploración da linguaxe visual, potencia a capacidade de pensar, sentir e actuar.
Neste 1º trimestre o primeiro convidado foi Piet Mondrian.
Para chegar ó artista comezamos a búsqueda de información,
nos libros, na rede...
Agora queda o proceso creativo.
»
- APIs de Blogue
A fascinación da Natureza en Mondrián
QUE MARABILLA! DESDE A VENTÁ DA PANTALLA DO ORDENADOR PODO ASOMARME A ESA OUTRA Á QUE SE DIRIXE MONDRIÁN ATRAÍDO POLOS SONS E AS TONALIDADES DA NATUREZA ; PERCIBE, SENTE E INMORTALIZA NO SEU LENZO O PASO DO TEMPO. ESA TRANSICIÓN DAS CORES DO VERÁN AO OUTONO. COMO SE AS FOLLAS AO DESPEDÍRENSE SE DESANGRARAN E QUIXERAN OFRECERNOS O MELLOR DE SÍ , FACÉNDONOS PARTÍCIPES DUN ESPECTÁCULO CROMÁTICO FANTÁSTICO.
SARA, NORABOA! . CON ESTA SELECCIÓN DE VÍDEOS É IMPOSIBLE QUE OS NENOS E NENAS NON SE SENSIBILICEN CARA A ARTE.
ESTOU ANSIOSA POR VER AS SÚAS PRODUCCIÓNS
UN BIQUIÑO E GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS AS VOSAS EXPERIENCIAS.
MARÍA