2009-2010

SAMAÍN EN OUTEIRO

OLA AMIGOS E AMIGAS! 

TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS, LEVAMOS UNS DÍAS MOI OCUPADOS E POR ISO NON POIDEMOS ENSINARVOS O BEN QUE O PASAMOS NO SAMAÍN. SABEDES O QUE FIXEMOS? POIS CLARO CABAZAS, NON UNHAS CABAZAS CALQUERAS EH! APROVEITAMOS A GRAN IDEA DE HÉCTOR E O SEU PAPÁ DE FACER DAS CABAZAS PERSOAXES, MIRADE O QUE FIXERON

SÍ, SÍ! É OBELIX.

 

A ESCOLA DE OUTEIRO PÚXOSE MANS A OBRA, CADA NENO/A TROUXO A SÚA CABAZA, UNHAS GRANDES, OUTRAS PEQUENAS, VERDES, LARANXAS E COMEZAMOS POR VALEIRALAS, PERO…OLVIDÁRONSENOS AS CULLERES!, NON PASA NADA, ENSEGUIDA CHAMAMOS A MAMÁ DE MIGUEL O. E ACHEGOUSE ATA A ESCOLA

 

  

ESTÁBAMOS AGOTADOS, TAMÉN AS PROFES, LUCÍA E Mª CARMEN ASÍ QUE DECIDEMOS TOMARNOS UN RATIÑO E SAÍMOS AO MARAVILLOSO PATIO DE OUTEIRO. Á VOLTA COMEZOU O OBRADOIRO DE CREATIVIDADE, PUXEMOS NUNHA MESA MOITO MATERIAL, TELAS, LÁ, PALLAS, PINTURA, FROITOS DE OUTONO…E DEIXAMOS VOAR A IMAXINACIÓN

DESPOIS DE TANTO TRABALLAR TOCA DECIDIR QUE IMOS FACER COAS CABAZAS, ENTRE TODOS CHEGAMOS AO ACORDO DE FACER UNHA EXPOSICIÓN E PEDIRLLES ÁS FAMILIAS QUE VIÑERAN A VELAS, ASÍ QUE COLOCAMOS VELAS, APAGAMOS AS LUCES, ESCONDÍMOS E….AAH!!

  

MAGOSTO´09

ESCAMPOU DURANTE UN PAR DE DÍAS E POR FIN POIDEMOS CELEBRAR O MAGOSTO.

MIRADE AS NOVAS QUE, SOBRE ESTA CELEBRACIÓN, SUBIRON Ó PORTAL DISTINTAS ESCOLAS.

Escola de Pazo

Escola de Quintáns

Escola de Cruceiro

FROITOS DO OUTONO

            ESTE OUTONO OS NEN@S DE INFANTIL E PRIMARIA

            TROUXEMOS FROITOS DAS NOSAS HORTAS E, DESPOIS 

            DE OBSERVALOS E PROBALOS, FIXÉMOLOS

                              E QUEDARON ASÍ

 

 

                  FREIXOÁS

 

    MANDARINAS E FIGOS CHUMBOS

 

                                     CASTAÑAS

 

              

 

 

             MAZÁS E...

 

            LANDRAS

 

 

 

 

 

O MAGOSTO EN QUINTÁNS

POIS SI. POR FIN CELEBRAMOS O MAGOSTO. MENOS MAL QUE FOI O XOVES, POIS O VENRES CHOVÍA MOITÍSIMO. EN QUINTÁNS XUNTÁMONOS COS NENOS/AS DE ABUÍN, RAÑÓ, PAZO E VACARIZA. XOGAMOS MOITO E PROBAMOS AS CASTAÑAS QUE ASARON AS MAMÁS E UN PAPÁ. ESTABAN RIQUÍSIMAS!!!!

BIQUIÑOS A TODOS/AS.

 

 

                         MIRADE COMO COMEMOS...

 

 

 

 

 

O MAGOSTO EN QUINTÁNS

 

 

OS NENOS E NENAS DE ABUÍN, VACARIZA, RAÑÓ, E PAZO(QUE SOMOS NÓS) CELEBRAMOS

O MAGOSTO NA ESCOLA DE QUINTÁNS

PASÁMOLO MOI BEN. CANDO CHEGAMOS ESTABA CUBERTO DE NÉBOA,

PERO POUCO A POUCO FOI ASOMÁNDOSE O SOL, SOLIÑO.

 

 

 

MENTRES XOGAMOS E CANTAMOS TODOS XUNTOS,

OS PAIS DOS NENOS E NENAS DE QUINTÁNS ASARON AS CASTAÑAS.

 

 

LOGO COMÉMOLAS, ESTABAN MOI BOAS!!!

 

 

MOITAS GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS, NENOS E NENAS E PROFE

 DA ESCOLA DE QUINTÁNS POR INVITARNOS.

As nosas obras

As premisas que seguimos para levar a cabo as obras foron:

  • traballar con rectángulos e cadrados
  • coas cores primarias
  • coas liñas horizontais e verticais

E con diferentes materiais e en distintos soportes:

con autocolantes

 

con blocos lóxicos

con picas

na parede

buscamos as pezas do quebracabezas

no EDI

con tiriñas de papel

      

composicións con cartóns

 

Cando as obras están rematadas buscamos máis alternativas que penduralas da parede

     

 

 

 

 

 

 

TROMPOS Ó CAMIÑO

"Polo San Martiño,

trompos ó camiño!!"

Dixo a avoa Lola. Botouse a andar e chegou á escola.

Pero o trompo quedáralle na casa!.

Por fortuna, Aida estaba tamén na escola. Os nenos e nenas da escola de Asados nestas datas andan sempre co seu trompo ou buxaina, e Aida prestoulle o seu á avoa Lola.

Que dominio! 

O trompo xirou no cortizo e na baldosa do chan e ata nas mans de Aitor e da súa avoa!

Para se despedir a avoa Lola agasallounos con outro refrán:

" No San Martiño,

vellos ó abrigo,

noces e pan trigo"

CARTA DE DANIEL

DESPOIS DE TER RECIBIDO A VISITA DE TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. NA BIBLIOTECA DE ASADOS, DANIEL ENVÍANOS UNHA CARTA NA QUE EMPEZA DICINDO QUE ESTÁ MÁIS CONTENTO CA UNHAS CASTAÑOLAS !!!

LEDE TODO O TEXTO DE DANIEL PREMENDO NESTE ENLACE

SAN MARTIÑO

- ONTE EN ASADOS CHEIRABA A PORCO CHAMUSCADO!. Dixo a profe

- É QUE HOXE É O SAN MARTIÑO. Decatouse Jorge

-   AI PORQUIÑO PEQUENIÑO, XA CHEGOU O SAN MARTIÑO. Cantou Andrea       

- TEMOS QUE ESCONDER Ó NOSO PORQUIÑO!! Lembrounos Cesar.

E alá fomos. A esconder o porco. Non vaia ser que veña alguén a collérnolo para facer xamón de papel.

   

Cando xa o tivemos ben escondido, enterámonos de algo que parece incrible:

" ALÁ ARRIBA NAQUEL MONTE

TEÑEN UN PORCO COLGADO,

E O QUE QUEIRA CHOURIZOS

QUE LLE TIRE POLO RABO "

Guiño

Andrea, Rubén, Silvia, César, Borja, Jorge, Aitor, Iván, Paula, Rocío, Breogán, Miguel, Eloy, Raúl, Ainara, Hugo e Sol

CASTELO DE OLITE

SARA, LUCÍA E CARLOS SON IRMÁNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS SANDRA, ROCÍO E JORGE.

CANDO ERAN PEQUENOS ELES TAMÉN ERAN ALUMNOS DA ESCOLA DO CRUCEIRO. AGORA ESTUDAN 6º DE PRIMARIA E HAI UNS DÍAS FIXERON UNHA VIAXE A NAVARRA.

HOXE VIÑERONNOS FALAR DO CASTELO QUE VISITARON EN OLITE.

CONTÁRONNOS QUE FOI A RESIDENCIA DO REI NAVARRO CARLOS III E DA SÚA DONA LEONOR DE TRASTÁMARA, QUE VIVIRON HAI 600 ANOS.

O CASTELO TEN MOITAS TORRES, E A DO HOMENAXE É A MÁIS ALTA DE TODAS. DIXÉRONNOS TAMÉN QUE UNHA DAS TORRES, A CHAMADA DAS TRES COROAS, FOI FEITA PARA QUE ALÍ XOGASEN OS NENOS ( E NON SERÍA DE ESTRAÑAR PORQUE ESTES REIS TIVERON OITO FILLOS!!)

NA BEIRA DA HABITACIÓN DA RAÍÑA, O REI MANDOU CONSTRUIR UN XARDÍN COLGANTE E SABEMOS QUE GOSTABA TAMÉN DE TER NOS XARDÍNS DO CASTELO TODO TIPO DE ANIMAIS: FALCÓNS, CANS, XIRAFAS, LOBOS, LEÓNS... 

MOITOS ANOS DESPOIS, FAI 200 ANOS, UN XENERAL DECIDIU PRENDERLLE LUME Ó CASTELO DE OLITE PARA EVITAR QUE SOLDADOS DUN EXÉRCITO FRANCÉS SE FIXERAN FORTES NEL.

INTERESENTE ISTO QUE NOS CONTARON CARLOS, SARA E LUCÍA, NON SI?

Distribuir contido