MAIS CONTENTO CA UNHAS CASTAÑOLAS
ESTOU MÁIS CONTENTO CA UNHAS CASTAÑOLAS POR TERVOS VISTO A SEMANA PASADA NA BIBLIOTECA DA SEDE, CON TANTO ENTUSIASMO.
FOI O NOSO PRIMEIRO ENCONTRO DESTE CURSO.
XA SOMOS MÁIS NO CLUB DE "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL", AGORA TAMÉN PERTENCEN A EL OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS E O PROFESORADO NOVO.
XA TEMOS O NOSO CARNÉ. DE SEGURO QUE XA PEGASTES A FOTO E PUXESTES O VOSO NOME, NON SI?
GUSTOUME COMPARTIR CON VÓS A MIÑA VIDA, OS MEUS GUSTOS E AFICIÓNS.
E QUE ATENCIÓN A VOSA NA SESIÓN DE CONTACONTOS...!
"O SEÑOR MAGO E A FOLLA", "ATILIO, O OSIÑO DE TRAPO", "EL POLLO PEPE",
E QUE DIVERTIDO FOI FACER RIMAS COS LIBROS "LÚA" E " UN DOUS TRES QUE VES?.
FOI FERMOSO TAMÉN VER COMO DESPOIS DA SESIÓN, COLLIADES CON DELICADEZA OS CONTOS QUE DE PÉ OU NO CARRO DE DANIEL, VOS ESTABAN ESPERANDO.
REGALEIVOS UN MARCAPÁXINAS PARA QUE SINALEDES O LUGAR DO LIBRO ONDE ESTÁ AGOCHADO AQUEL POEMA QUE TANTO VOS GUSTA E NON DEMOREDES EN BUSCAR E TAMÉN UN CADERNO CON FOLLAS EN BRANCO ANSIOSAS POR ENCHERSE DE PALABRAS, RIMAS, ILUSTRACIÓNS...
LEMBRADE QUE EU PRESENTEIVOS A MIÑA FAMILIA E GUSTARÍAME COÑECER AS VOSAS, OS SEUS NOMES, OS SEUS TRABALLOS E TODO AQUILO QUE QUEIRADES COMPARTIR COMIGO E COS NENOS E NENAS DAS OUTRAS ESCOLAS NO NOSO PRÓXIMO ENCONTRO.
TRABALLADE MOITO NA ESCOLA POIS A ESCOLA É E DEBE SER O BERCE ONDE SE ARROLEN AS PALABRAS E A EXPRESIÓN PLÁSTICA, NON SI, PROFES?
NAS VACACIÓNS PODEDES LEVAR O CADERNO PARA CASA E PLASMAR NEL CANTAS VIVENCIAS QUEIRADES COMPARTIR COMIGO : AS COMIDAS FAMILIARES , A VISITA A UN CASTELO, AS CANTADELAS OU HISTORIAS DOS AVÓSE DAS AVÓAS OS REGALOS DOS REIS... CONVERTIRASE ASÍ ESTE CADERNO NUN FÍO DE MEMORIA QUE VAI DA ESCOLA Á CASA E DA CASA Á ESCOLA.
ESPERO ANSIOSAMENTE OS VOSOS TRABALLOS.
DALGÚN XA VOU SABENDO A TRAVÉS DO PORTAL: AS FANTÁSTICAS ILUSTRACIÓNS DA ESCOLA DE PAZO PRIMARIA REFERIDAS A "O SEÑOR MAGO E A FOLLA" E A "EL POLLO PEPE", OS INICIOS DE PAZO INFANTIL E A SÚA PEQUENA GRAN BIBLIOTECA .
SEI TAMÉN POLO PORTAL QUE ANDREA E BORJA DE CRUCEIRO QUÉRENME MOITO E ENCANTOULLES VIR Á BIBLIOTECA E TAMÉN SEI POR UNHA PROFE QUE VISITA MOITAS ESCOLAS, QUE OS NENOS E NENAS DE QUINTÁNS INFANTIL FIXERON UNHAS ILUSRACIÓNS MOI BONITAS DE "ATILIO, O OSIÑO DE TRAPO".
SEGURO QUE EN TODAS AS ESCOLAS ESTADES XA A TRABALLAR NO CADERNO. NON DEIXEDES DE FACELO E SE PODEDES, COLOCADE OS VOSOS TRABALLOS NO PORTAL PARA IR DISFRUTANDO DELES PASENIÑO.
DANIEL
- APIs de Blogue
DANIEL, QUERÉMOSTE MOITO, MOITO, MOITOOOOO........!
DANIEL, GUSTOUNOS MOITO IR Á BIBLIOTECA
GUSTOUNOS MOITO SABER COUSAS DA TÚA V IDA E TAMÉN OS CONTOS QUE ESCOITAMOS..
DANIEL, XA ESTAMOS A TRABALLAR NOS NOSOS LIBROS
UN BICAZO CRISTINA
UNHA APERTA. DANIEL V.
GÚSTAME MOITO SABER DE VÓS
QUERIDOS NENOS E NENAS DE QUINTÁNS: ESTOU MOI CONTENTO SABENDO QUE VOS GUSTOU TANTO IR A BIBLIOTECA E COÑECER COUSAS DA MIÑA VIDA. FOI MOI BONITO VERVOS ALÍ TAN ATENTOS E ATENTAS NA SESIÓN DE CONTACONTOS.
ESTOU TAMÉN MOI CONTENTO PORQUE COMO ME DECIDES XA EMPEZÁCHEDES A TRABALLAR NOS LIBROS QUE VOS REGALEI PARA QUE SEXADES VERDADEIROS E VERDADEIRAS ARTISTAS.
QUE GAÑAS TEÑO DE VER OS VOSOS TRABALLOS. FACÉDEO MOI BEN DACORDO?
UN BIQUIÑO E A VER SE ME PODEDES POÑER ALGÚN TRABALLIÑO NO PORTAL.
DANIEL
DANIEL TODOS TE VAMOS QUERER
DANIEL TODOS TE VAMOS QUERER SEMPRE SEMPRE SEMPRE.ROCIO
GRAZAS ROCÍO
CALQUERA NON ESTÁ CONTENTO ESCOITANDO ESAS PALABRAS. DESE MODO SEI QUE SEGUIRÉI VIVINDO ETERNAMENTE E ISO QUERE DICIR SEMPRE, SEMPRE, SEMPREEEEEEEEE...... ATA NUNCA ACABAR, NOS VOSOS CORAZÓNS,, QUE É O LUGAR ONDE MELLOR SE VIVE, NOS CORAZÓNS DOS NENOS E NENAS COMA VÓS.
MOITOS, MOITOS, MOITOOOOOS..... BIQUIÑOS,
DANIEL