O MAGOSTO EN QUINTÁNS
OS NENOS E NENAS DE ABUÍN, VACARIZA, RAÑÓ, E PAZO(QUE SOMOS NÓS) CELEBRAMOS
O MAGOSTO NA ESCOLA DE QUINTÁNS
PASÁMOLO MOI BEN. CANDO CHEGAMOS ESTABA CUBERTO DE NÉBOA,
PERO POUCO A POUCO FOI ASOMÁNDOSE O SOL, SOLIÑO.
MENTRES XOGAMOS E CANTAMOS TODOS XUNTOS,
OS PAIS DOS NENOS E NENAS DE QUINTÁNS ASARON AS CASTAÑAS.
LOGO COMÉMOLAS, ESTABAN MOI BOAS!!!
MOITAS GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS, NENOS E NENAS E PROFE
DA ESCOLA DE QUINTÁNS POR INVITARNOS.
»
- APIs de Blogue
QUE SORTE TEMOS !
QUE SORTE TEMOS POR PODER XUNTARNOS AS ESCOLAS E CELEBRAR CONXUNTAMENTE ESTA FESTA TAN DIVERTIDA. FIXEMOS MOITOS XOGOS DE RODA : SEÑORA MARÍA...., AS ABELLIÑAS DE SAN MIGUEL, PIÑÓN, PIÑÓN , PIÑÓN, LA TARARA, POLI LAVANTI, EL TALLARÍN, O MAGO MANTEIGA. SEGUIDE PRACTICÁNDOOS NAS ESCOLAS ASÍ PASARÉMOLO BEN E NON NOS ESQUECEREMOS DELES.
AS CASTAÑAS ESTABAN BOÍSIMAS, O LEITE TAMÉN E OS XOGOS DAS ESTACIÓN RESULTARON MOI DIVERTIDOS : O COMECASTAÑAS, OS BOLOS,OS DISCOS, A MARIOLA...
TAMÉN A PARTICIPACIÓN DE NAIS E AVOAS INTERESÁNDOSE POLAS FORMAS DE XOGAR E APORTANDO LEMBRANZAS DAS SÚAS INFANCIAS FOI MOI GRATIFICANTE.
GRAZAS AS AVOAS QUE FORON RECOLLER RAMALLOS CON SEMENTES DE ANISES PARA REGALÁRNOLOS E ASÍ POIDEMOS FACER CASTAÑAS COCIDAS CON AUGA, SAL E UN PEQUENO RAMALLO. EU XA AS COCÍN POLA NOITE. ESTABAN BOÍSIMAS. A VOSA SAÚDE!.
VERÉMONOS NA PRÓXIMA CELEBRACIÓN. SERÁ UN PRACER.
UN BIQUIÑO,
MARÍA
MAGOSTO
HOLA A TODOS!
SON LOLI A PROFE QUE ESTIVO CON VOS O ANO PASADO, ESPERO QUE VOS ACORDEDES DE MIN.XA QUE EU SI QUE ME ACORDO MOITO DE VOS, E CASE A DIARIO VEXO NO PORTAL TODAS AS ACTIVIDADES QUE FACEDES.
DICIRVOS QUE EU TAMÉN CELEBREI O MAGOSTO NA MIÑA ESCOLA O VENRES PASADO, E ENSINEILLES AOS MEUS NENOS/AS ALGUNHAS DAS CANCIÓNS DO MAGOSTO QUE NOS ENSEÑARA MARISA (A PROFE DE MÚSICA, DO ANO PASADO), GUSTARONLLES MOITO AS VOSAS CANCIÓNS,E PASÁMOLO MOI BEN.
ALÉGROME DE QUE VOS TAMÉN O PASARADES BEN EN QUINTÁNS.
UN SAÚDO PARA TÓDOLOS NENOS/AS DE PAZO INFANTIL E PRIMARIA, E PARA AS PROFES PAULA E ANA.
MOITOS BIKOS
LOLI
ALÉGRANOS MOITO QUE NOS
ALÉGRANOS MOITO QUE NOS ESCRIBIRAS ESTE COMENTARIO E QUE SIGAS VENDO O NOSO PORTAL.
PASÁMOLO MOI BEN NO MAGOSTO, GUSTÁRONNOS MOITO AS CASTAÑAS E O LEITE. ÓS TEUS NENOS E NENAS TAMÉN LLES GUSTAN AS CASTAÑAS?
UN BICO E UNHA APERTA DOS NENOS E NENAS DE PAZO INFANTIL E DE PAULA
GRAZAS POR VIR
QUERIDOS NENOS E NENAS DE PAZO. GUSTOUNOS MOITO QUE VIÑERAIS Á NOSA ESCOLA PARA CELEBRAR O MAGOSTO E XOGAR XUNTOS, AO IGUAL QUE OS ALUMNOS/AS DE ABUIN, RAÑÓ E VACARIZA. GRAZAS TAMÉN ÁS PROFES E FAMILIAS QUE ESTIVERON ACOMPAÑÁNDONOS E AXUDÁNDONOS.
A VER SE NOS VOLVEMOS A VER PRONTO. BICOS E APERTAS. OS ALUMNOS/AS DE QUINTÁNS E A PROFE.