2009-2010
POLIDEPORTIVO E AULA ACTIVA DO MAR
SE QUERES VER ALGUNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS COS NOSOS COMPAÑEIROS DE CUVIDE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO E A AULA ACTIVA DO MAR...
SÍGUEME...
- APIs de Blogue
ESPECTÁCULO DE DANZA
A programación NADAL CULTURAL 09 ofértanos para este sábado 12 de decembro no Auditorio de Rianxo ás 21:00 h. a actuación do grupo profesional de danza
BStudio Danza
co espectáculo
DE MEU
SEMANA NO POLIDEPORTIVO
DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE DECEMBRO OS ALUMNOS E ALUMNAS DO C.R.A. CAMBIARON OS PEQUENOS ESPAZOS ONDE HABITUALMENTE FAN XIMNASIA POLO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
ADEMAIS, QUIXERON APROVEITAR A XORNADA VISITANDO A AULA ACTIVA DO MAR.
Consultade nestes enlaces ás novas subidas polas escolas
- APIs de Blogue
PAZO E VACARIZA NA PRIMEIRA SESIÓN DE POLI DESTE CURSO
O LUNS, 30 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DE PAZO E VACARIZA
TIVEMOS A PRIMEIRA SESIÓN DE POLIDEPORTIVO DESTE CURSO.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
- APIs de Blogue
CRIPI
Este simpático grilo apareceu estes días pola escola de Pazo
Decidimos acollelo durante o inverno,
e chegada a primavera deixarémolo nun prado,
para que cando saiamos pola noite a pasear,
nos alegre co seu "cri-cri."
Chamámolo ”Cripi”, e levámolo as nosas casas
para poñerlle herba fresquiña.
PAUL KLEE
Este vídeo achéganos a dúas das súas obras:
O EQUILIBRISTA e A MÁQUINA DE TRINAR
- APIs de Blogue
CONVITES MUSICAIS
RECIBIMOS DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO OS SEGUINTES CONVITES MUSICAIS:
"Temos o pracer de convidarvos aos Concertos que vai realizar a Banda da
Escola de Música de Rianxo:
*Venres día 27 de Novembro ás 21h00 no Auditorio de Rianxo, Concerto
de Sta. Icía, xunto coa Banda de Música Municipal de Valga.
*Sábado día 28 de Novembro ás 20h00 no Auditorio de Galicia, III
Certame Galego.
O Concello de Rianxo porá un autobús para
acompañarnos, con saída do Auditorio de Rianxo ás 19h00".
- APIs de Blogue
CAMBIANDO AS CORES DO OUTONO
OS NENOS E NENAS DE QUINTÁNS QUIXERON CAMBIAR A COR DAS FOLLAS QUE LLES CAERON A ALGUNHAS ÁRBORES ESTE OUTONO.
PRIMEIRO PINTÁRONAS CON PINTURA LÍQUIDA
DESPOIS ESTAMPÁRONAS SOBRE PAPEL CONTÍNUO
E ASÍ QUEDOU...
AQUÍ ESTÁN TODAS NO MURAL. E... QUE PASARÍA
SE CANDO PASEÁRAMOS POLOS CAMIÑOS NOS ATOPÁRAMOS
FOLLAS DE CORES NO CHAN?. SERÍA DIVERTIDO, NON?
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »