2009-2010

CHULAS DE CABAZO

O VENRES VIÑÉRONNOS VISITAR Á ESCOLA A AVOA, A MAMÁ E O IRMÁN DE ANDREA...E TROUXÉRONNOS UNHA BANDEXA CHEA DE CHULAS DE CABAZO.

CO BEN QUE NOS SABEN!!

PERO ESTAS NON ERAN UNHAS CHULAS CALQUERA.

ERAN AS CHULAS DO SAMAÍN!!

 

AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL

OLA AMIGOS, OLA AMIGAS.

SON DANIEL

TIÑA XA GAÑAS DE VOS ESCRIBIR E QUE SOUBÉRADES NOVAS DE MIN.

ATA HOXE ESTIVEN BASTANTE OCUPADO.

ESTIVEN A LER.

(LIN UN CARRO CHEO DE LIBROS NOVOS E VELLOS)

E A DEBUXAR. E A PINTAR. E A FACER TEATROS...

VÓS XA SABEREDES...

PERO TAMÉN LLE ESTIVEN A AXUDAR ÁS PROFESORAS A TER TODO PREPARADO NA BIBLIOTECA DE ASADOS PARA PODER CONVIDARVOS UNHA VEZ MÁIS.

LEMBRADES CANTAS HISTORIAS COMPARTIMOS DURANTE O PASADO CURSO?

FALÁSTESLLES ÓS NOVOS COMPAÑEIROS DELAS?

E FALÁSTESLLES DE MÍN ?

ESPERTADE NESTES DÍAS OS RECORDOS ADORMECIDOS, AFIADE A IMAXINACIÓN, RENOVADE O PRACER DE ESCOITAR E COMPARTIR HISTORIAS...

...PORQUE A PARTIR DE NOVEMBRO O NOSO CLUB REINICIARÁ A SÚA AVENTURA.

A AVENTURA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL!!

(VÉMONOS NA BIBLIOTECA DE ASADOS!!!!)

SAMAÍN

            

NA ESCOLA FIXEMOS CAVEIRAS COS CABAZOS PARA ASUSTAR A TODOS OS QUE SE ACERCARON POR ALÍ. 

CO LUME PRENDIDO DENTRO DABAN ARREPÍO.

TIÑADES QUE VER A CARA DE SUSTO QUE PUXERON OS PAPÁS , MAMÁS, AVÓS E IRMÁNS!!

TAMÉN FIXEMOS DEBUXOS DE CABAZOS DO SAMAÍN.

ESFORZÁMONOS TANTO QUE CASE DAN TANTO MEDO COMA OS OUTROS!!

MIRADE, MIRADE...

   
   
   
   
   
   
   

                 

QUE SABEMOS DOS CASTELOS?

Despois da nosa excursión a Santiago para ver a obra de teatro O CASTELO DE ROCHA VELLA, organizamos toda a información que tiñamos e recollimos o que sabiamos dos castelos:

PAULA: Nos castelos viven os reis.

NICO: E os cabaleiros.

MIGUEL B.: As princesas.

MIGUEL: Están feitos de pedras.

NICO: Hai tesouros.

MARCOS: Ouro.

GLORIA: O Castelo de Rocha Vella está destruido porque lle tiraron pedras.

MIGUEL: É un lugar onde hai cousas antigas.

NICO: Espadas.

MIGUEL B.: Os castelos teñen un río.

GLORIA: Tamén teñen xardín.

MIGUEL B.: Teñen espadas para loitar. Para que non lle collan as cousas os malos.

PAULA: Hai pontes para cruzar os ríos sen que caian.

MIGUEL B.: Os cabaleiros para protexerse necesitan cabalos.

   
   

 

Ó final entre tod@s fomos capaces de facer unha definición de castelo con toda a información que tiñamos:

" UN CASTELO É UNHA EDIFICACIÓN CONSTRUIDA NAS MONTAÑAS CON PEDRAS QUE TEN TORRES, UN FOSO E UNHA PONTE ELEVADIZA.

NOS CASTELOS VIVEN AS PRINCESAS E OS PRÍNCIPES E ONDE MANDAN OS REIS.

ESTÁN VIXIADOS POLOS GARDAS PARA QUE NON VEÑAN OS ENEMIGOS A ROUBARLLE OS TESOUROS.

OS GARDAS VIXÍAN DENDE AS TORRES E SE VEÑEN OS MALOS AVISAN CUNHA CORNETA.

OS QUE LOITAN CHÁMANSE CABALEIROS E OS NOMÉAOS O REI.

OS BUFÓNS SON OS QUE FAN RIR AOS REIS."

Logo miramos no diccionario a palabra castelo e a súa definición é:

"EDIFICIO OU CONXUNTO DE EDIFICIOS, CERCADOS DE MURALLAS, BALUARTES, FOSOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS."

Como ben se pode ver, fixemos unha definición moi próxima a do diccionario, grazas a todo o que traballamos e chegamos aprender.

Pero o mellor de todo é o ben que o pasamos e A LEDICIA DE TRABALLAR EN GRUPO.

PARA RECORDO NOSO ESTAS FOTOS DE GRUPO:

 

 

MOITAS GRAZAS O PERSOAL QUE NOS ATENDEU NO AUDITORIO, O CONDUCTOR DO AUTOBUS (QUE AS VECES TEN QUE TER MOITA PACIENCIA), O COLE E AS MESTRAS E MESTRES QUE FIXERON POSIBLE ESTA SAÍDA A SANTIAGO.

ESTAMOS DESEXANDO REPETIR EXPERIENCIA!!!

 

A EXCURSIÓN!!!

Por fin chegou o día!!!

E despois de tanto falar e aprender sobre os castelos, fomos a Santiago de Compostela,o Auditorio de Galicia, a ver a obra de teatro:

O CASTELO DA ROCHA VELLA

Fomos moi ilusionad@s, e non só por ir de excursión, senón tamén por ir cos nosos compañeir@s de Pazo e de Capela. Ademais tamén fomos en autobus, QUE MOITO NOS GUSTA!.

Mirade as nosas caras no autobus e no autobus, e xa saberedes o ben que o pasamos e nos divertimos:

 foto 14  
   

                       

A obra de teatro estivo musicada por unha Orquesta na que había instrumentos de percusión, vento e corda.

CANTO APRENDEMOS!!!

 

OS MELLORES CASTELOS DE ESPAÑA

Tamén estivemos vendo videos de Internet de castelos, este é o que máis nos gustou:

Fixádevos no Castelo- Palacio Real de Navarra (Olite) do S.XIV, é impresionante!!!

 

QUEREDES SABER COMO ERA UN CASTELO DA ÉPOCA MEDIEVAL POR DENTRO??

MIRADE O VIDEO:

 

 

CAL VOS GUSTA MÁIS A VÓS?

CONTESTÁDENOS!!

O CASTELO DA ROCHA VELLA

OLA AMIGAS E AMIGOS!!!

Na escola de Outeiro levamos uns días falando dos castelos porque  limos un conto titulado

O CASTELO DA ROCHA VELLA, xa que imos ir ó Auditorio ( en Santiago) a ver unha obra de teatro sobre o conto.

Observamos diferentes fotos para clasifica as que nos parecían castelos ou non.

Mirade!!!

 

   
   

 

Despois de observa as fotos comentamos:

QUE HAI NESTAS FOTOS?

- Castelos.

- Non, todos non. Ese é o do pequeno Dalí.( Miguel Barros recoñeceu o Museo de Dalí porque temos o conto na aula).

- Tamén hai unha igrexa.

- A igrexa é a máis rica de todas porque está feita de ouro.( rá`pidamente Carla replica que parece ouro pero que é o reflexo do sol).Especificamos que esa igrexa é a Catedral de Santiago e seguimos falando dos castelos.

- Os castelos son máis grandes.

- Chegan ata o ceo.

- O da Rocha Vella non porque está destruido.

- Nos castelos hai cousas moi antigas.

- Están cheos de pedras.

- Nos castelos vivían os romanos.

- Príncipes.

- Cans malos para atacar aos que ían destrozalos.

Despois de tanto falar buscamos diferentes castelos en Internet. Algúns parecían embruxados, tamén os hai de area.

 

Os nenos e nenas solicitan facer os seus propios castelos:

Ademáis durante os próximos días axudámonos de páxinas webs doutros colexios que estudaron a Idade Media (é a época dos castelos) e através delas aprendemos e xogamos moito.

Botádelle unha ollada!!!

http://ceipseara.blogspot.com/2009/04/xogo-lim-sobre-idade-media.html

http://nea.educastur.princast.es/caballeros/

 

 

UN ANO MÁIS....EN PAZO, CELEBRAMOS O SAMAÍN

.....E TROUXEMOS CABAZOS

GRANDES, PEQUENOS, AMARELOS, LARANXAS, VERDES

....E BALEIRAMOS CABAZOS

 

   

 

...E PARA REMATAR,

INVITAMOS AOS NOSOS PAIS, NAIS, AVÓS, AVOAS,...

A QUE VISEN  AS NOSAS CREACIÓNS.

 

QUE NOITE TAN MÁXICA A DO SAMAÍN!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN,

Nenos e nenas da Escola de Pazo

SAMAÍN

 " EU SON O CABAZO DO SAMAÍN.

   SE NON TES MEDO...

   MIRA PARA MIN!!"

(ESCOLA DO CRUCEIRO)

 

KATUNGA

DESPOIS DE ESTAR MOITIIIÍIIISIMOS DÍAS ENFERMO, POR FIN ESTA SEMANA O NOSO COMPAÑEIRO HUGO PUIDO VOLVER Á ESCOLA.

PERO NON VEU ÉL SÓ. VEU ACOMPAÑADO POR KATUNGA

KATUNGA APRENDEUNOS A PRONUNCIAR UNHAS POUCAS PALABRAS NO SEU IDIOMA E A FACER UN BAILE INDIO.

CO CONTENTOS QUE QUEDAMOS Ó TER A HUGO E A KATUNGA CON NÓS DECIDIMOS QUITARNOS UNHA FOTO:

A PRIMEIRA NA QUE ESTAMOS TODOS!!

Distribuir contido