2009-2010

A NOSA PRIMEIRA VEZ NO PORTAL. CRUCEIRO 3 E 4 ANOS

OLA A TODOS!!!!!! SOMOS OS MAIS PEQUENOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO E QUEREMOS ESTRENAR A NOSA ANDADURA NO PORTAL CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN XA QUE HOXE CHEGOU A NOSA ESCOLA UNHA AMIGA E FIXÉMOSLLE UNHA POESÍA:

PEPITA JOJONA

                                 

    

PEPITA JOJONA

QUÉRESE CASAR

PERO NON TEN MOZO

TENO QUE BUSCAR

QUE SEXA MOI GUAPO

QUE SEPA COCIÑAR

TAMÉN MOI, MOI ALTO

ONDE O PODE ATOPAR?

 

 

 

SE ALGÚN DE VOS COÑECEDES A ALGUÉN QUE BUSQUE MOZA POR FAVOR AVISADENOS QUE PEPITA JOJONA ESTÁ IMPACIENTE.

MÁIS FROITAS DO OUTONO

HOXE, MÉRCORES, COÑECEMOS DE CERCA AS FEIXOAS  E OS MARMELOS

  

   

O MARMELO DE LIDIA:

SABEDES QUE DO MARMELO SE FAI O QUE COÑECEMOS COMO MARMELO ("membrillo" en castelán)?

   

 

A FEIXOA DE ALEX:

SABÍA BEN, PERO AÍNDA NON ESTABA MADURA DE TODO

 

 

HOXE, XA É VENRES, E SABEDES QUE?

 AINHOA A NOSA COMPAÑEIRA DE PRIMARIA, TROUXO Á ESCOLA

MOITAS FROITAS DO OUTONO. E TAMÉN AS OBSERVAMOS, POR DENTRO E POR FÓRA.

  

FIGOS CHUMBOS                                            KIWIS 

 

MIRABELES

 

UNHA DELAS DEIXOUNOS ALGÚN PINCHO NAS MANS, A VER SE ACERTADES CAL FOI?

 

XENTE DE MILLO

AGORA QUE SE ESTÁ A REMATAR O TEMPO NO QUE O MILLO VAI PARA A GRANEIRA...

...CHEGA O TEMPO NO QUE A XENTE DE MILLO VEN PARA A ESCOLA.

NESTE CURSO XA TIVEMOS VARIOS CONVIDADOS

AITOR TROUXO A DON JOSÉ

RUBÉN CONVIDOU A MARI CARME

SILVIA TROUXO A PRINCESA

SE VEÑEN MÁIS CONVIDADOS, QUEREDES QUE VOLOS PRESENTEMOS?

SE VOS TENDES ALGÚNS CONVIDADOS DE MILLO, PODEREMOS COÑECELOS ?

UNHA FROITA DE OUTONO

ESTES DÍAS FALAMOS MOITO DO OUTONO, QUE FAN OS ANIMAIS?, QUE FROITOS E FROITAS SON TÍPICAS

DESTE ESTACIÓN? QUE CAMBIOS PERCIBIMOS NO TEMPO, NAS ÁRBORES?...

NA NOSA AULA TEMOS CASTAÑAS, LANDRAS, MANDARINAS, LARANXAS,... FROITAS E FROITOS

QUE TROUXEMOS DAS NOSAS CASAS

HOXE ALEX TROUXO Á ESCOLA O QUE PARECÍA UNHA MAZÁ OU UNHA CEBOLA.

A VÓS QUE VOS PARECE?

MIRÁMOLO BEN POR FÓRA, E SÍ, PARECÍASE MOITO A UNHA CEBOLA. PARA SAÍR DE DÚBIDAS

ACORDAMOS PARTIR A FROITA E OBSERVALA POR DENTRO

  

"POR DENTRO É BERMELLO E TEN GRANS", XA IAMOS VENDO QUE NON SE SEMELLABA TANTO Á CEBOLA

QUE É BRANCA. LOGO SO NOS QUEDABA PROBALO.

E SABÍA BEN!

E NOTAMOS QUE DENTRO DE CADA GRAN HABÍA UNHA PEQUENA PIPIDA

ESTÁBAMOS CERTOS DE QUE NON ERA A CEBOLA. PERO, ...QUE ERA?

POR FIN ALEX RESOLVEU A NOSA DÚBIDA E DÍXONOS QUE ERA

UNHA GRANADA!!!  

ESTES SON OS NOSOS DEBUXOS, DEBUXOS DUNS GRANDES ARTISTAS:

  

 

 

                  

 

  

O OUTONO TAMÉN CHEGOU A PAZO

XA FAI ALGUNHAS SEMANAS QUE MARCAMOS NO NOSO CALENDARIO A CHEGADA DO OUTONO.

PERO ATA ESTES DÍAS NON O PARECÍA, AGORA XA CHEGOU O FRÍO E A CHUVIA.

NA ESCOLA DE PAZO TAMÉN LLE DAMOS A BENVIDA Ó OUTONO E,

 NO NOSO MURAL DA ENTRADA TEMOS AS ANDURIÑAS QUE MARCHAN A LUGARES MÁIS QUENTES,

AS ARBORES COAS FOLLAS VERDES E AMARELAS PREPARADAS PARA CAER E CUBRIR O CHAN CUN MANTO

MARRON E AMARELO PROPIO DESTE TEMPO, OS COGOMELOS, OURIZOS... 

 E, COMO NON... OS NOSOS ESQUÍOS "CO SEU CARRO" SAEN A BUSCAR LANDRAS E CASTAÑAS

PARA GARDAR E COMER NO INVERNO 

 

ESTES ESQUÍOS, COMO FACÍA BO TEMPO, ACABAN DE SAÍR A BUSCAR O ALIMENTO

POR ISO O CARRO AÍNDA ESTÁ BALEIRO

O CASTELO DA ROCHA VELLA

 

OS DÍAS 21, 22 E 23 DE OUTUBRO OS NENOS, NENAS E PROFES DO C.R.A. IMOS IR A SANTIAGO PARA  VER E ESCOITAR NO AUDITORIO O CONCERTO 

 " O CASTELO DA ROCHA VELLA".

 

SE QUERES VER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA NOVA PREME AQUÍ

ACTIVIDADES CON ADRIANA E ALBA

OLA A TODOS E TODAS!! SON ADRIANA, A NOVA ORIENTADORA DO C.R.A. DE RIANXO!! XA TODOS E TODAS SABEDES QUE ESTE ANO ESTOU NO SITIO DE TOBÍAS.

¿ACORDÁDESEVOS DE MIN?Guiño ESPERO QUE SI PORQUE SENON VOUME POÑER MOI TRISTETriste!! QUERÍA CONTARVOS UNHA COUSA… MIRADE!! LEVO UNS DÍAS INDO POR ALGUNHAS ESCOLAS A FACER UNHAS ACTIVIDADES COS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, ALGÚNS DÍAS TAMÉN VEU ALBA (A PROFE DE AL) COMIGO.  ¡¡PERO……… AÍNDA NON REMATEI DE IR A TODAS EEEH…..E QUE XA SABEDES QUE SON MOITAS!!  MIRADE… ESTIVEN EN RAÑÓ, EN VACARIZA, EN CUVIDE, EN OUTEIRO, EN CAPELA, EN PAZO, EN QUINTÁNS… PERO AÍNDA ME FALTA POR IR A CRUCEIRO E ABUÍN!! 

CON ESTAS ACTIVIDADES TÓDOLOS PROFES VAMOS A SABER COMO FALADES OS NENOS E NENAS DO C.R.A. PARA PODER AXUDARVOS A QUE APRENDADES ¡¡¡MOITO MÁIS DO QUE XA SABEDES!!!

 

COMO TIÑA GAÑAS DE POÑER UNHA FOTO PARA QUE PUIDERADES VER… DÉIXOVOS ESTA DUNHA DAS MIÑAS MASCOTAS!! CHÁMASE “TRES”, PÚXENLLE ESTE NOME PORQUE É UN GATIÑO QUE NACEU CON SÓ TRES PATIÑAS.

Este é "Tres"   ¡¡ SEGURO QUE ESTADES PENSANDO.... "POBRIÑOOOO"!!

PERO...¿SABEDES QUE?? SABE CORRER, SALTAR E RABUÑAR COMO TÓDOLOS DEMAIS! ESPERO QUE VOS GUSTE! SE QUEREDES UN DÍA PRESÉTOVOLO! MÁNDOVOS UNHA APERTA E UN BICO MOI GRANDE A TODOS E TODAS, INCLUÍDAS AS PROFES, PARA QUE NON SE POÑAN CELOSAS JEJEJE!!

O OUTONO EN OUTEIRO

 Xa estamos en outono, e aínda que este ano temos un outono atípico, igualmente é tempo de castañas, de landras, de améndoas, de abelás, de uvas, de mazás, laranxas e peras, tempo de cogumelos, de cabazas, de maíz ...

É TEMPO DAS COLLEITAS!!!

 E CAEN AS FOLLAS DAS ÁRBORES!!!

 ÁRBORE 1ÁRBORE 2  

Na escola de Outeiro os nenos e nenas de Ed. Infantil ata fixeron unha pizza do outono, cada un puxo os ingredintes que quixo referidos ó outono.

Tamén  fixemos un mural do outono entre tod@s e este foi o resultado:

 mural

 UVAS  CASTAÑA
 COGUMELOS  CASTAÑA

Agora poderedes saber cómo comezou a existir o outono con este pequeno video:

A ver se vos gusta:

 

Tamén queremos compartir con tod@s vós un vídeo de Puchiko, que anda na procura do outono, a ver se o atopa... vos que pensades? Descubrídeo XA!!!

CONVIDACIÓN

 

A Banda da Escola de Música de Rianxo,

a Asociación Cultural-Musical
Solfa,

a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia,

a Banda
Infantil de Merza e a Banda de Música de Arca

teñen o pracer de
convidarvos ao

Concerto da Banda Xuvenil e da Banda Sinfónica de
Musigalizando
:

•Día 17 de outubro ás 20h00 no Auditorio de Rianxo

UN NOVO CURSO

FAI POUCO COMEZAMOS UN NOVO CURSO, CARGADOS DE ILUSIÓN E CON MOITAS, MOITÍIIIISIMAS GAÑAS DE APRENDER.

AGORA XA ESTAMOS EN MARCHA: NOVOS PROXECTOS, NOVAS VIVENCIAS, AVENTURAS,.... A MELLOR, SEN DÚBIDA, A AVENTURA DE APRENDER, E POR SUPOSTO, A AVENTURA DE COMPARTIR APRENDIZAXES. POR ISO O LONGO DO CURSO IREMOS MOSTRÁNDOVOS NESTA PÁXINA ANAQUIÑOS DALGUNHAS DAS EXPERIENCIAS QUE VAIAN TENDO LUGAR NA NOSA AULA, E O MESMO TEMPO DESFRUTAREMOS CON AQUILO QUE NOS ENSINEDES DENDE AS VOSAS ESCOLAS.

HOXE NON TEMOS NADA QUE MOSTRAR, POR ISO SIMPLEMENTE APROVEITAMOS PARA SAUDARVOS E PRESENTARNOS, POIS NA NOSA AULA (ó igual que nalgunhas das vosas) TAMÉN TEMOS NOVAS INCORPORACIÓNS: OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS.

DESEXÁNDOVOS O MELLOR PARA ESTE CURSO 2009-2010, DESPEDÍMONOS ATA A PRÓXIMA.

UN BICO MOI GRANDE DENDE CAPELA.

Distribuir contido