2009-2010

CASTELOS

 

NA AULA DOS " MAIORES " DA ESCOLA DO CRUCEIRO HAI XA DÍAS QUE ESTAMOS A ESTUDAR OS CASTELOS.

Ó PRINCIPIO CONTÁMOSLLE ÓS COMPAÑEIROS O QUE NOS ACORDABA:

" EU FUN Ó CASTELO DO MONTE REI " (Jorge)

" EU FUN A UN CASTELO PERO NON ESTABA O REI " (Aitor)

" FUMOS A MOITOS CASTELOS VELLOS DE PELEAR E ENTRAMOS. DENTRO ESTABAN AS COUSAS DE LUCHAR PERO NON OS LUCHADORES " (Iván e Paula)

" UN DÍA QUE FUN A NEVE VIN UN CASTELO QUE ESTABA CHEO DE ARMAS E HABÍA UNHA ARMADURA. UNHA ARMADURA ERA UN GUERREIRO QUE NON SE MOVÍA E CONSTRUÍRONO OS LUCHADORES CON PEZAS DE PRATA E TEN UNHA MÁSCARA NA CABEZA " (Borja)

   
   

TAMÉN INTENTAMOS EXPLICAR QUE É UN CASTELO:

" E CANDO ENTRAS E MIRAS SE HAI UNHA PRINCESA NA TORRE " (Eloy)

E EN QUE ESTADO O PODEMOS ATOPAR:

" VIN UN CASTELO DERRUMBADO, POR EXEMPLO, VIN DOUS: O CASTELO DA LÚA E OUTRO UN POUCO LONXE DO MAR ONDE VIVÍA UNHA POUCA XENTE " (Silvia)

   
   

FORON PASANDO OS DÍAS E FUMOS QUEN DE AFINAR AS IDEAS FALANDO E BUSCANDO INFORMACIÓN NA CASA, NA ESCOLA, EN LIBROS E EN INTERNET:

Cesar: " OS CASTELOS SON CASAS ESPECIALES ONDE NON VIVE NADIE PORQUE XA NON QUEDA NINGUÉN DAQUEL TEMPO " ( "ÉPOCA", ACLARAN RUBÉN E ANDREA)

" AGORA HAI CASTELOS QUE ESTÁN EN RUÍNAS (Aitor) E OUTROS QUE SON MUSEOS PARA ENSINAR COMO VIVÍAN NAQUELA ÉPOCA (Jorge e Cesar) "

   

APRENDEMOS TAMÉN COUSAS TAN CURIOSAS COMO QUE A XENTE DAQUELES TEMPOS (ÉPOCA MEDIEVAL) ERA MÁIS BAIXA DO QUE SOMOS NÓS AGORA, GUSTABAN DE COMER CISNE, PAVO REAL OU BALEA E ... TIÑAN POR COSTUME LIMPAR ÁS MANS NOS MANTEIS!! 

 

O castelo da Rocha vella

 

 

Os días 21, 22 e 23 de outubro imos realizar unhas saídas didácticas ao Auditorio de Galicia.

 

 


Páxina do Auditorio de Galicia: (Formulario de Concertos Didácticos Auditorio 2009/10)

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
A. Santos Bartolomé, O castelo da Rocha vella
Infantil e 1º, 2º Primaria

 

Páxina da Real Filharmonía de Galicia:

Estreno de O Castelo da Rocha Vella

Real Filharmonía de Galicia
Maximino Zumalave, director
A. Santos Bartolomé, O castelo da Rocha Vella
Con la participación de Monicreques de Kukas

 

Páxina de Os monicreques de Kukas:

El próximo mes de octubre estrenaremos en colaboración con la Real Filharmonía de Galicia bajo la dirección musical de Maximino Zumalave, O Castelo da Rocha vella basado en un cuento escrito por el doctor Don Luciano García Alén y con música compuesta por el maestro Amador Santos Bartolomé.
En la puesta en escena participan bajo la dirección de Marcelino de Santiago, Raquel Queizas como narradora y  Borja Insua, Alberte Viveiro e Isabel Rey junto al propio Kukas como marionetistas. De la parte técnica se encarga Fili Cabaleiro. Las marionetas y escenografía han sido construídas por Kukas, Seara e Isabel Rey.
Los conciertos serán en la Sala Ángel Brage del Auditorio de Galicia los días 21,22 y 23 de octubre en sesiones matinales dirigidas a escolares y el sábado 24 de octubre a las 19,00 para público familiar.

 

 

EN CURSO

Como ben sabedes tod@s xa comezou o curso e sen darnos conta xa estamos en OUTONO.

Na escola de Outeiro, temos mestras e mestre novo:

 A nosa titora é Silvia, pero tamén temos unha profe nova de inglés que se chama Martina que ten que coidarse moito porque vai ter unha filla e por iso agora ven Marina, a súa sustituta.

 O profe de música é Rubén e a profe de apoio é Mª Carmen.

Seguimos tendo a profe de Relixión, Celia e a profe de psicomotricidade e de alternativa que é Jose.

Tamén temos dous compañeiros novos de 3 anos: Laura e Héctor. Coma nós xa somos maiores axudámolos moito, sobre todo, os primeiros días, porque todos os comezos son difíciles.

Os primeiros días de escola estivemos coñecéndonos mellor tod@s, acordando as normas de clase,ordeando as nosas cosas e o mobiliario de aula, DECORANDO A ESCOLA ...

 

 ARBOREARBORE  

 

Tod@s os que veñades á nosa escola seredes BENVIDAS E BENVIDOS!!! 

 

 BENVIDOS

 

Segueredes tendo novas nosas ó longo do curso e esperamos que nos visitedes e nos fagades comentarios, mentres nós seguiremos pasándoo moi ben e aprendendo moitas cousas:

 

laura e miguel

 

carla, ruth e marcos

 

nico e miguel o.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (1º TRIMESTRE)





OUTUBRO 2009
  L   M   M   X   V   S   D
            1 2 3     4  
5     6 7 8 9 10     11    
12     13 14 15 16 17     18    
19     20 21   AUDITOR. SANTIAG. 22   AUDITOR. SANTIAG. 23   AUDITOR. SANTIAG. 24     25    
26     27 28 29 30 31      


NOVEMBRO 2009
  L   M   M   X   V   S   D
                      1    
2   MÚSICA BIBLIO 3   MÚSICA BIBLIO 4   MÚSICA BIBLIO 5   MÚSICA BIBLIO  6 CASTRO NEIXÓN. E.P 7     8    
9     10 11 12 13   MAGOST. 14     15    
16     17     18     19     20 21     22    
23     24 25 26 27 28     29    
30   POLI            


DECEMBRO 2009
  L   M   M   X   V   S   D
      1   POLI 2   POLI 3   POLI 4     5     6    
7     8     9 10 11 12     13    
14     15 16 17 18 19     20    
21     22   FESTIVAL NADAL 23   NADAL 24   NADAL 25   NADAL 26   NADAL 27   NADAL
28   NADAL 29   NADAL 30   NADAL 31   NADAL      



O blog de lingua estranxeira

Os blogs forman parte xa da vida escolar de moitos centros educativos. Estes poden ser de diferentes tipos ou desempeñar diferentes funcións.

A ensinanza de linguas, e en especial da lingua estranxeira, adoita reducirse a moi poucas horas semanais nos colexios, o que fai que a adquisición desta sexa moi complicada, e que moitos nenos/as cando rematan os seus estudios non sexan capaces de comunicarse empregando esa nova lingua.

O blog proposto para a área de inglés ven a ser coma unha páxina interactiva onde os nenos e nenas do CRA poden atopar multitude de recursos para mellorar na lingua estranxeira: contos interactivos, debuxos animados, xogos, cancións... É dicir, trátase dun pequeno recuncho que ten como obxectivo contribuír na adquisición da competencia comunicativa en lingua inglesa.

Só tendes que facer click sobre a imaxe para acceder ó blog.

 

 

A PATACA QUE SOÑA

ERASE UNHA VEZ UNHA PATACA QUE SOÑABA QUE ERA UNHA FOCA, UN HIPOPÓTAMO, UN OSIÑO, UN BEBÉ, UN EXTRATERRESTRE, UN SEÑOR QUE FACÍA GLOBOS CUN CHICLE...

   
   
   

ERASE UNHA VEZ UNS NENOS DUNHA ESCOLA QUE SOÑABAN (ESPERTOS, PORQUE Á ESCOLA NON ÍAN A DURMIR) QUE HABÍA UNHA PATACA QUE SOÑABA QUE ERA UN HIPOPÓTAMO, UN OSIÑO, UN BEBÉ...

   
   

 ERASE UNHA VEZ A PROFE DUNHA ESCOLA QUE SOÑABA (DURMIDA,PORQUE ESTABA NA SÚA CASA) QUE HABÍA UNS NENOS QUE SOÑABAN QUE HABÍA UNHA PATACA QUE SOÑABA QUE ERA UN HIPOPÓTAMO, UN OSIÑO, UN BEBÉ...

ERASE UNHA VEZ UNHA AVOA (A AVOA LOLA) QUE SOÑABA QUE HABÍA UNHA PROFE QUE SOÑABA QUE HABÍA UNS NENOS QUE SOÑABAN QUE HABÍA UNHA PATACA QUE NACERA NA SÚA HORTA QUE SOÑABA QUE ERA UN HIPOPÓTAMO, UN OSIÑO, UN BEBÉ...

   A AVOA LOLA ESPERTOU   

E ESTE CONTO REMATOU !!

" CONTA COMIGO "

 
   
O xoves día 1 de outubro realizouse na Biblioteca Municipal de Rianxo unha sesión de dinamización lingüística dirixida ás familias.
A actividade, enmarcada dentro da campaña "O mundo en galego" da Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora, tivo tanto éxito que se chegou a abrir unha lista de espera entre as familias solicitantes.
   

Se estás interesado nesta nova pincha aquí

CONTA COMIGO

CHEGAMOS 

   

ESPERAMOS
   
   
LEMOS
   
GARDAMOS SILENCIO
( e desexamos: que empece!, que empece! )
   
E COMEZAMOS
 
E A PARTIR DE AÍ UNHA MOREA DE FAMILIAS MESTURAMOS UN ALGO DE FANTASÍA CUN MOITO DE AMOR E CREAMOS E CONTAMOS CONTOS QUE NUNCA ANTES FORAN CONTADOS
( A sesión " Conta comigo", adicada ás familias, realizouse na Biblioteca Municipal de Rianxo o xoves día 1 de outubro.
A actividade, enmarcada dentro da campaña "O mundo en galego" da Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora, tivo tanto éxito entre as familias -nas imaxes podedes ver familias do C.R.A.- que se chegou a abrir unha lista de espera entre os solicitantes )
 
 
 

"ANIMAR A LER DESDE A CASA"

O mércores 30 de setembro desenvolveuse na Biblioteca Municipal de Rianxo a sesión " Animar a ler desde a casa " dentro da campaña " O mundo en galego " promocionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora.

Un bo grupo de mamás, algún papá e tamén algunhas profes ( na imaxe podedes ver a "delegación" do C.R.A. ) achegámonos ata alí para disfrutar coa maxia da palabra.

Escoitamos,cantamos, contamos,... 

Marchamos co sorriso prendido nos beizos e a ilusión na mirada.

...E levámolos para casa.

 

OS MÁIS MADRUGADORES

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DO PAZO FORON OS MAIS "MADRUGADORES" NA UTILIZACIÓN DO PORTAL DO C.R.A.

SE QUEREDES VER O QUE PUBLICARON FACEDE CLIC AQUÍ

Distribuir contido