QUE SABEMOS DOS CASTELOS?

Despois da nosa excursión a Santiago para ver a obra de teatro O CASTELO DE ROCHA VELLA, organizamos toda a información que tiñamos e recollimos o que sabiamos dos castelos:

PAULA: Nos castelos viven os reis.

NICO: E os cabaleiros.

MIGUEL B.: As princesas.

MIGUEL: Están feitos de pedras.

NICO: Hai tesouros.

MARCOS: Ouro.

GLORIA: O Castelo de Rocha Vella está destruido porque lle tiraron pedras.

MIGUEL: É un lugar onde hai cousas antigas.

NICO: Espadas.

MIGUEL B.: Os castelos teñen un río.

GLORIA: Tamén teñen xardín.

MIGUEL B.: Teñen espadas para loitar. Para que non lle collan as cousas os malos.

PAULA: Hai pontes para cruzar os ríos sen que caian.

MIGUEL B.: Os cabaleiros para protexerse necesitan cabalos.

   
   

 

Ó final entre tod@s fomos capaces de facer unha definición de castelo con toda a información que tiñamos:

" UN CASTELO É UNHA EDIFICACIÓN CONSTRUIDA NAS MONTAÑAS CON PEDRAS QUE TEN TORRES, UN FOSO E UNHA PONTE ELEVADIZA.

NOS CASTELOS VIVEN AS PRINCESAS E OS PRÍNCIPES E ONDE MANDAN OS REIS.

ESTÁN VIXIADOS POLOS GARDAS PARA QUE NON VEÑAN OS ENEMIGOS A ROUBARLLE OS TESOUROS.

OS GARDAS VIXÍAN DENDE AS TORRES E SE VEÑEN OS MALOS AVISAN CUNHA CORNETA.

OS QUE LOITAN CHÁMANSE CABALEIROS E OS NOMÉAOS O REI.

OS BUFÓNS SON OS QUE FAN RIR AOS REIS."

Logo miramos no diccionario a palabra castelo e a súa definición é:

"EDIFICIO OU CONXUNTO DE EDIFICIOS, CERCADOS DE MURALLAS, BALUARTES, FOSOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS."

Como ben se pode ver, fixemos unha definición moi próxima a do diccionario, grazas a todo o que traballamos e chegamos aprender.

Pero o mellor de todo é o ben que o pasamos e A LEDICIA DE TRABALLAR EN GRUPO.

PARA RECORDO NOSO ESTAS FOTOS DE GRUPO:

 

 

MOITAS GRAZAS O PERSOAL QUE NOS ATENDEU NO AUDITORIO, O CONDUCTOR DO AUTOBUS (QUE AS VECES TEN QUE TER MOITA PACIENCIA), O COLE E AS MESTRAS E MESTRES QUE FIXERON POSIBLE ESTA SAÍDA A SANTIAGO.

ESTAMOS DESEXANDO REPETIR EXPERIENCIA!!!

 

GUSTOUME VER A MANU A OCA E

GUSTOUME VER A MANU A OCA E A FEDERICO.RAUL