TROMPOS Ó CAMIÑO
"Polo San Martiño,
trompos ó camiño!!"
Dixo a avoa Lola. Botouse a andar e chegou á escola.
Pero o trompo quedáralle na casa!.
Por fortuna, Aida estaba tamén na escola. Os nenos e nenas da escola de Asados nestas datas andan sempre co seu trompo ou buxaina, e Aida prestoulle o seu á avoa Lola.
Que dominio!
O trompo xirou no cortizo e na baldosa do chan e ata nas mans de Aitor e da súa avoa!
Para se despedir a avoa Lola agasallounos con outro refrán:
" No San Martiño,
vellos ó abrigo,
noces e pan trigo"
»
- APIs de Blogue
QUE GUSTO DÁ
AI AVOA LOLA, QUE GUSTO DÁ VELA COMPARTIR OS XOGOS DA SÚA INFANCIA COS NENOS E NENAS DA ESCOLA. SIGA ASÍ E ENTRE TODOS E TODAS A VER SE IMOS RECUPERANDO AQUELA INFANCIA TAN XOGADA.
UN BIQUIÑO,
MARÍA