O CASTELO DE SOUTOMAIOR

Silvia é unha nena da escola de Cruceiro. Silvia contounos neste portal que tiña gañas de visitar un castelo.

Loli é unha profesora que o pasado curso estivo no C.R.A. Este ano traballa nunha escola en Soutomaior.

Escribímoslle a Loli e pedímoslle que nos contara cousas do castelo de Soutomaior.

Mirade o que nos enviou!

OLA PROFES E NENOS E NENAS!
FUN POLO CASTELO A SACARVOS UNHAS FOTOS , QUE ESPERO VOS GUSTEN.

DÉRONME TAMÉN UNS FOLLETOS DA HISTORIA, CÓNTOVOS UN POUCO O QUE DIN:

O CASTELO ESTÁ SITUADO NO MUNICIPIO PONTEVEDRÉS DE SOUTOMAIOR. ESTÁ   FORMADO POR DÚAS TORRES UNIDAS POR UN EDIFICIO HABITABLE, UN  PATIO DE ARMAS E RODÉAO UNHA DOBRE MURALLA.

É UN CASTELO DE ORIXE MEDIEVAL, DE TEMPOS DE ALFONSO VII

CONSIDÉRASE UNHA EDIFICACIÓN FORTIFICADA, DE CARÁCTER MILITAR E DEFENSIVO. O SEU ESTRATÉXICO EMPRAZAMENTO NON SE DEBÍA Á ALTURA OU Á INACCESIBILIDADE SENÓN ÁS VANTAXES QUE POSUÍA:
- ATOPARSE AGOCHADA ANTE AS POSIBLES INVASIÓNS PROCEDENTES DO MAR
- SEÑOREABA AS TERRAS DO SEU FEUDO E CONTROLABA AS COMUNICACIÓNS DE SUR A NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
- DISPUÑA DE AUGA EN ABUNDANCIA.



DON PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR, FOI O PERSOEIRO MÁIS SINGULAR DOS RELACIONADOS CO CASTELO  E FIXO DEL A BASE DAS SÚAS CORRERIAS NO SÉCULO XV, ÉPOCA DE MÁXIMO ESPLENDOR DA CASA DE SOUTOMAIOR.

O CASTELO CONTA CUN XARDÍN CUNHA EXTENSIÓN DE 25 HECTÁREAS CONSIDERADO O XARDÍN BOTÁNICO MÁIS IMPORTANTE DE GALICIA AO REUNIR MÁIS DUN CENTO DE VARIEDADES DE CAMELIAS, CASTIÑEIROS MILENARIOS E ÁRBORES DOS CINCO CONTINENTES.

         ESPERO QUE VOS GUSTE E CANDO QUEIRADES PODEDES VIR VISITALO.

UN SAÚDO PARA TODOS. 

LOLI

GRAZAS

LOLI GRAZAS POR ENSINARNOS O CASTELO DE SOUTOMAIOR. GUSTOUNOS MOITO!!. TODOS NOS

IRMANDIÑOS

LOLI OS IRMANDIÑOS TIRARON O CASTELO OU DEIXARONO ASI?.Andrea

IRMANDIÑOS

HOLA A TODOS!!

POIS SI ANDREA A REVOLTA IRMANDIÑA QUE SUFRIU GALICIA NO SÉCULO XV, SI QUE DANOU GRAVEMENTE O CASTELO. POLO QUE TIVO QUE SER REFORMADO. NA SÚA RECONSTRUCIÓN A FUNCIÓN MILITAR E DEFENSIVA DEU PASO A UN CASTELO DE CARÁCTER RESIDENCIAL.

MOITOS BIKOS PARA TODOS