Convivencia

1ª CHARLA DA GARDA CIVIL

O venres 22 de novembro, tivo lugar no salón de actos do noso centro a primeira das catro charlas que nos ofrecerá a Garda Civil, para o alumnado de 5º e 6º, dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". Neste caso, a temática xirou arredor da violencia de xénero. A educación é unha ferramenta fundamental para a eliminación da violencia contra as mulleres. Falouse de cuestións tan importantes como o respecto, a tolerancia, a confianza ... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.

  

ENAPA Violencia de xénero

25/11/2019 17:00

O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar no salón de actos do colexio unha charla para as familias, sobre Violencia de xénero. Será ás 17:00 horas. Está promovida pola ANPA en colaboración co Centro Autonómico de formación do profesorado (CAFI).

 

Día Mundial da Diabetes (DMD)

Hoxe, 14 de novembro, conmemórase o Día Mundial da Diabetes. A data escolleuse porque é o aniversario de Frederick Grant quen, xunto con Charles Best, descubriu a insulina en outubro de 1921.

No noso centro, non quixemos deixar pasar a ocasión sen tratar este tema co alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria. Así que asistimos a unha pequena representación e unha charla por parte da Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia) no salón de actos. Coñecemos a historia de Martiña e puxemos en práctica o aprendido en diferentes situacións da vida cotiá. Deste xeito, concienciámonos na importancia da integración dos nenos/as con diabetes.

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Anedia, charla sobre diabetes

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres

25/11/2019 09:14

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE GALICREQUES 2019

20/10/2019 22:20

Salida o Teatro Principal en Santiago, 16 Outubro de 2019, a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.

    

Este mercores, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de música e monicreques "Pazzzzzz". Representado pola compañía La mar de marionetas.

-Pazzzzzz

A Nena do fío texe os seus mundos oníricos para atopar A Paz, soña con Mens, un neno con un enorme ovillo sobre a sua cabeza do que quere librarse. Para elo, emprende un viaxe sideral buscando respostas os seus problemas.

 

Festival Internacional Galicreques 2019

15/10/2019 21:37

O 14 de outubro de 2019 celebramos en Santiago a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques.

   

 Os alumnos e alumnas de 5º de infantil, asistiron o CSC Santa Marta en Santiago, para participar na obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"proposta pola compañia A Xanela do Maxín. 

-A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

 

 A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

 Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.

 

 

Recreos lúdicos

A partir do mes de outubro comezamos a dinamizar os tempos de lecer con diferentes actividades durante o recreo

- Luns: Fútbol para 1º e 4º de Primaria. 

-Martes: Hortorecreos e fútbol para 2º e 5º de Primaria.

- Mércores: Hortorecreos e fútbol para 3º e 6º de Primaria.

- Xoves: Botamos un baile? no pavillón e día sen balón no patio.

-Venres: Let's Sing A Song na aula de inglés e día sen fútbol no patio. 

 

Ademais...

Toda a semana: caixón de xogos populares e de mesa, e lectura e empréstito de libros na biblioteca.

Semana da Ciencia e xornada de convivencia co CRA de Oroso

Esta semana estamos celebrando a "Semana da Ciencia" no noso centro. Desenvolvemos unha serie de sesións sobre a figura do científico destacando o papel da muller na ciencia, a importancia do traballo en equipo no eido da investigación, os materiais empregados habitualmente nun laboratorio e a execución de apaixoantes experimentos prácticos: fósiles vivos, a historia do planeta; a maxia da ciencia; o corpo humano: alimentación e plásticos...  

Ademais hoxe, xoves, tivemos a xornada de convivencia co alumnado do CRA de Oroso que se incorpora ao noso centro o vindeiro curso.

Aquí algunhas imaxes das prácticas levadas a cabo:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Semana da Ciencia

Uso das novas tecnoloxías

Hoxe tivo lugar unha charla, por parte dun axente da Garda Civil para as familias, sobre o uso das novas tecnoloxías, internet, redes sociais, difusión do contido a través dos teléfonos móbiles... entre os máis novos/as. Encádrase dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno". Tema interesante e que preocupa aos pais e nais que moitas veces non saben como abordalo. Puideron plantexarlle as súas inquietudes e recibiron algúns consellos que non sempre se poden aplicar da mesma maneira, dependendo do neno ou da nena de que se trate.

 

ADQUIRINDO VALORES!

Hoxe deron comezo as xornadas para a mellora da convivencia e promoción da igualdade, desenvolvendo a liña 3 do Contrato Programa. A partires do conto "Caperuchiña de cores" e a posterior dinámica "Receita do bo trato" traballáronse diferentes valores co alumnado de Infantil, 1º e 2º. Promoveuse o respecto, os bos modais cos demais, a responsabilidade, a igualdade....