Hoxe tivo lugar unha charla, por parte dun axente da Garda Civil para as familias, sobre o uso das novas tecnoloxías, internet, redes sociais, difusión do contido a través dos teléfonos móbiles... entre os máis novos/as. Encádrase dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno". Tema interesante e que preocupa aos pais e nais que moitas veces non saben como abordalo. Puideron plantexarlle as súas inquietudes e recibiron algúns consellos que non sempre se poden aplicar da mesma maneira, dependendo do neno ou da nena de que se trate.