|
|
|
|
|
|
|
Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos no IES de Chapela e en todos os institutos de Redondela, o Día Internacional da Memoria Trans. Cun acto apoiado polas asociacións Irisar, Pulse, Nós Mesmas e Euforia, e que contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a comunidade do IES de Chapela afondou na loita polo recoñecemento da diversidade na orientación sexual e na identidade de xénero. Unha loita na que se denuncia a transfobia e a violencia contra as persoas que forman o colectivo trans. O IES de Chapela solidario coa súa causa. A causa dunha sociedade xusta e libre.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Así, rodeado de alumnas e alumnos, váisenos don Augusto Suárez, o noso Tito, logo de trinta e cinco de docencia dos que nos regalou vinte e cinco no IES de Chapela. Na súas últimas palabras como profesor do centro dixo ter sensacións contraditorias, querer xubilarse mais ter claro que añorara a docencia e o contacto co alumnado. Nós si que te botaremos de menos no instituto, as túas clases, o teu humor e a túa maxia. Sé moi feliz e non nos esquezas compañeiro! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O día 24 de maio de 2019 celebramos na Aula de Conferencias do IES Chapela o remate de Bacharelato da nosa XXIII Promoción. Foi un momento para compartir lembranzas entre o alumnado de 2º Bacharelato, nais, pais e profesorado.
No mesmo puidemos visionar un pequeno audiovisual que por problemas de copyright coa música non podemos subir a plataformas como youtube ou vimeo. Deixámosvos un enlace máis abaixo para que poidades visionalo e descargalo desde a nosa páxina.
Moita sorte a todas e a todos co que a partir de agora enfrontedes. Foi un pracer.
|
Visionar e/ou descargar o audiovisual (319 MB)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O XXIII Maratón que conmemora o Día das Letras Galegas, celebrarase o xoves, 16 de maio, no CEIP de Laredo e os seus arredores, en Chapela de abaixo. É un proxecto conxunto entre o IES e os CEIPs de Chapela. Desenvólvese en horario de mañán coa participación do alumnado e profesorado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de ordinaria e modular. |
|
Horario:
10:30: O alumnado baixa camiñando ata o colexio de Laredo, acompañado dos profesores e profesoras.
10:30 - 12:00: Actividades programas no CEIP de Laredo.
12:00: Saída da carreira.
13:00: Entrega de medallas. Ao remate, os alumnos serán acompañados aos autobuses que os esperarán na Alameda de Chapela.
13:15: Os autobuses recollen ao alumnado na Alameda de Chapela.
Tedes toda a información do percorrido e das actividades organizadas na páxina web do CEIP de Laredo
|
|
Para participar debes anotarte na Conserxería, no listado para facer a maratón correndo ou andando ou no listado de voluntarios, se queres colaborar coa organización prestando a túa axuda nos puntos de control.
A partir dos luns 13 de maio poderedes recoller as camisetas, dorsais e demais acreditacións.
Non te quedes parad@!
Anímate e participa!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O IES de Chapela e a familia Mateo presentaron o xoves 7 de marzo o libro No camino do vento de Sesé Mateo. Nun acto emocionante no que se lembrou a nosa veciña, muller loitadora e comprometida, o noso alumnado deu vida aos textos de Sesé. Con forza, sentimento e orgullo, Anxo, Katia, Xela, Icíar, Claudia, Gorka, Miriam, Paula, Ilenia, Noelia e Sofía, representaron ao noso centro e fixeron bo aquilo de que a poesía é unha arma cargada de futuro. Aquí os tedes na foto na compaña de Joshua, fillo de Sesé, e de Olga, a vicedirectora, que abriu o acto. Moitas grazas a todas e a todos por ser como sodes. Nova en Faro de Vigo.
|
|
|
|
|
|
|
|