Premios, concursos

Olimpíada Matemática

O pasado 25 de abril, Xiana, Nora, Irene, Ania, Yeray, Iago, Pau e Breixo participaron na Olimpíada Matemática de 2º ESO organizada por Agapema e celebrada no IES Castelao de Vigo.

Canguro Matemático

O 21 de marzo tivo lugar no IES de Chapela a fase de centro do Canguro Matemático, concurso de resolución de problemas no que participan simultaneamente miles de estudantes da ESO de todo o Estado Español promovido pola FESMP. 75 minutos intensos de razoamentos matemáticos para exercitar a mente do noso alumnado.

Premios do concurso de relatos de arrepío

 
Hoxe, 30 de novembro, déronse a coñecer os resultados do concurso de relatos de arrepío convocado pola Biblioteca e polo EDLG do noso IES.
 
O xurado, composto pola presidenta da Ampa, Macarena, polo dinamizador da lingua galega, Aldán, pola representante do alumnado, Sara Cordeiro, e pola coordinadora da biblioteca, Naír, decidiu que os relatos premiados fosen os seguintes:
 
Categoría ESO:
  • 1°: Trinta e un de outubro. Uxío Solla Amoedo. 1°C.
  • 2°: A vinganza da coca pequena. Carla Montes. 1°C.
  • 3°: Conto de arrepío. Celia Santamariña Tenreiro. 1°A.
 
Categoría FP e BAC:
  • 1°: Bótasme unha mao? Nerea Bueno Fernández. 2° Documentación Sanitaria.
  • 2°: Eu tremía como a xelatina. Marta Romero Tielas.  2° Documentación Sanitaria.
  • 3°: A noite da Santa Compaña. Rosario Vidal López.  2° Documentación Sanitaria.

O IES de Chapela obtén a mención de honra nos Premios de Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023

O IES de Chapela obtivo a mención de honra nos Premios de Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023 da Consellería de Educación que se outorgaron o pasado 28 de novembro no Congreso Internacional de Inclusión Educativa celebrado en Santiago de Compostela. Outros sete centro educativos galegos foron tamén premiados entre a categoría A (destinada a educación infantil e primaria) e a categoría B (destinada a ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial).

A iniciativa premiada no IES de Chapela é o proxecto “Xanela”, un proxecto de teatro inclusivo e comunitario desenvolvido no curso 2022/2023 e baseado nunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo. Nel participaron máis de corenta persoas de tres entidades: alumnado e profesorado do IES de Chapela (concretamente, dos ciclos de FP de Atención a persoas en situación de dependencia, Integración social e Educación infantil do réxime de persoas adultas), persoas usuarias e profesionais da Asociación Xaruma para a inclusión de persoas con diagnósticos de saúde mental, e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg). Baixo a dirección de Roi Vidal, o proxecto culminou coa estrea o pasado 2 de xuño da obra “Disparos de luz” no multiúsos de Chapela, obtendo unha moi boa acollida por parte do público. Con este galardón, a Consellería de Educación recoñece agora o valor deste proxecto na construción dun contorno educativo inclusivo para acadar unha sociedade máis respectuosa e máis democrática.

Concurso de relatos de medo

Achégase o Samaín! Para celebralo, animádevos a participar no Concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tedes ata o 6 de novembro para enviar os vosos arrepiantes textos escritos en lingua galega a bibliochapela@gmail.com.

Premios "Escola en Camiño"

Hoxe, martes 17 de outubro, Irene Signo Iglesias, alumna do IES de Chapela, recolleu un dos premios da categoría de debuxo da II edición do concurso "Escola en Camiño". O certame é un proxecto organizado por Faro de Vigo, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, que vai dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño de SantiagoO acto de entrega de premios tivo lugar esta mañá na estación marítima de Vigo. Moitos parabéns á premiada!

Premio ao Proxecto Meteoescolas

Por segundo ano consecutivo, o Proxecto Meteoescolas do IES de Chapela obtivo un diploma de excelencia. Un proxecto interdisciplinar que implica a todas etapas educativas (ESO, Bac e Ciclos) e a case todas as materias. Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado!

PREMIOS IV TORNEO DE XADREZ IES CHAPELA

O VENRES 19 DE MAIO ENTREGÁRONSE OS PREMIOS DO IV TORNEO DE XADREZ IES CHAPELA QUE SE DISPUTOU DESDE O MES DE FEBREIRO. OS GAÑADORES FORON: 

1º POSTO: MATEO PENA (2º ESO)

2º POSTO: ALEJANDRO ALONSO (2º BACH) (recolle o premio Marta Cardoso)

1º POSTO CONSOLACIÓN: ERIK GONZÁLEZ (2º ESO)

2º POSTO CONSOLACIÓN: SARA CORDEIRO (2º ESO)

O IES de Chapela estrea logo

O IES de Chapela estrea logo. No concurso realizado entre o alumnado, o logo deseñado por Elena Amoedo Chapela (de 3º de ESO B) e Zack Bóveda Álvarez (de 4º de ESO B) foi elixido para representar o centro nunha votación efectuada no Consello Escolar. Nas fotos podedes ver o logo gañador, así como o alumnado que o creou xunto co director inaugurando a nova imaxe institucional do IES. Moitas grazas a todas as persoas participantes e especialmente a Elena e Zack!

 

Olimpíada Matemática

O pasado xoves 21, seis representantes do IES de Chapela competiron na Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO xunto con outras 429 persoas de 100 institutos galegos. A proba consistiu na resolución de cinco problemas para os que tiveron que empregar todo o seu enxeño.

Distribuir contido