Admisión e matrícula

Matrícula 2024/25

Recordamos que o alumnado que queira matricularse nun ciclo formativo por primeira vez deberá participar no proceso de admisión previo á matricula e agardar a que se publique a adxudicación definitiva para matricularse. Esta circunstancia inclúe o alumnado repetidor de 1º curso e o alumnado do réxime de persoas adultas - modular (agás alumnado só con FCT / Proxecto). ADMISIÓN CICLOS FP     

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO POR PORTELO: 9:00 - 13:00

 

Matrícula

1º ESO

Matrícula

2º ESO

Matrícula

3º ESO

Matrícula

4º ESO

Matrícula

1º BACH

Matrícula

2º BACH

Matrícula

2º FP CM-CS

Ordinario

Matrícula

FCT / Proxecto

 

 Matrícula

1º FP CM-CS

Ordinario

 Matrícula

Ciclos Modular 

e Distancia

 

Oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25

Podedes consultar aquí a oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25.

Con respecto a cursos anteriores, ofertamos un novo ciclo: o CS de Mediación Comunicativa. Este ciclo ofértase no réxime ordinario, pero en HORARIO DE TARDE (ver aquí).

Os ciclos presenciais do réxime de persoas adultas / modular ofértanse de tarde nun NOVO HORARIO (ver aquí). Nestes ciclos, para saber os módulos asignados ao Horario 1 e ao Horario 2 en cada caso, pinchade aquí.

Admisión en ciclos formativos - Curso 2024/25

Xa está publicado o calendario de admisión en ciclos formativos (oferta ordinaria e modular) para o curso 2024/25. Máis información sobre o proceso aquí.

PRAZAS LIBERADAS NO CICLO MEDIO DE ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA NA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA DUAL

Ábrese un período extraordinario de admisión en prazas liberadas do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia na modalidade semipresencial e a distancia dual no IES de Chapela. As persoas interesadas que reúnan os requisitos de acceso deben presentar a súa solicitude e a documentación correspondente na secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas (de forma presencial). O prazo de admisión remata o próximo 15 de decembro (incluído).

Admisión en ciclos formativos - Curso 2023/24

Xa está publicado o calendario de admisión en ciclos formativos para o curso 2023/24. Tedes toda a información sobre o proceso de admisión aquí.

Matrícula de alumnado de ciclos en 2º de Ordinario / FCT

O alumnado de ciclos que se matricule o vindeiro curso en 2º de Ordinario ou unicamente en FCT / Proxecto (Ordinario ou Modular) debe formalizar a matrícula de forma directa na secretaría do centro (sen facer admisión vía telemática). Para isto, establécense uns períodos escalonados de matrícula que haberá que respectar. Tedes a información sobre estes prazos e a documentación a presentar nas seguintes ligazóns:

 

 

Admisión de alumnado ESO e Bacharelato - Curso 2023-24

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos curso 2023-2024

Desde este luns 15 de maio, cumprindo co calendario establecido na orde de admisión de alumnado do 21 de octubre de 2022, están expostos no taboleiro de anuncios do centro os listados definitivos de alumnos e alumnas admitidos para o curso 2023/24.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Publicación da listaxe provisional de alumnado de ESO e Bacharelato admitido para o curso 2023-24

Cumprindo co calendario establecido, desde a mañá de hoxe, 25 de abril, está dispoñible no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado admitido nos distintos cursos de ESO e Bacharelato de cara ao curso 2023-2024.

A resolución de cada caso individual pode consultarse tamén a través da aplicación admisionalumnado. Coa publicación desta listaxe provisional ábrese un período de 5 días hábiles para reclamacións, e a listaxe definitiva publicarase o vindeiro 15 de maio.

Semana de Portas Abertas

Coincidindo co período de admisión de novo alumnado, o IES de Chapela abre ás súas portas na semana do 6 ao 10 de marzo a nais, pais e alumnado que desexen coñecer as instalacións do centro e a nosa oferta educativa.

O horario de atención será de 9:30 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres, sen necesidade de reservar cita previamente. O único requisito será informar en conserxería do interese en realizar a visita e un membro do equipo directivo acompañará aos/ás interesados/as no percorrido polo centro.

Distribuir contido