Proxecto de vida activa e deportiva- Curso 2022/23

XOGOS E DEPORTES ALTERNATIVOS. GAMIFICACIÓN

O alumando dos diferentes cursos da ESO practicou durante este curso diferentes actividades de gamificación e xogos alternativos destacando algúns como os xogos de Fortnite, among us ou o jugger onde o alumnado creou as súas propias armas a través dos titoriais que lle ofreceu a profesora da materia. As actividades tiveron unha gran aceptación e o alumnado participou con gran entusiasmo. 

GYMKANA DE XOGOS ACUÁTICOS. FESTA FIN DE CURSO

O último día de curso realizamos unha gymkana de xogos de auga e probas de habilidade. O alumnado e profesorado participou nos xogos en grupos e rematamos fresquitos e divertidos.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NA PRAIA: REMO, VOLEIBOL, FÚTBOL, ULTIMATE...

O día 21 de xuño baixamos á praia de Arealonga para coñecer o clube de remo nas súas instalacións, tamén practicamos os deportes na praia co bo tempo que acompañaba: o alumnado disfrutou xogando ao fútbol praia, volei praia, tenis de mesa, ultimate, indiaca... e probaron a practicar o remo coa colaboración dos monitores do clube de remo de Chapela. Poidemos ver cómo entrenan no foso e no mar e as diferentes embarcacións. 

TORNEO DE FÚTBOL IES CHAPELA

O alumnado de 1º de APSD encargouse da organización do torneo de fútbol sala que se celebrou no IES Chapela no mes de maio e xuño. A iniciativa tivo moi boa acollida e creou grande expectación nos recreos nos que se xogaban os partidos. 

 

 

XXVII MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS IES CHAPELA - CEIP IGREXA, A. BÓVEDA e LAREDO

O venres 19 de maio celebramos a XXVII EDICIÓN DO MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS na zona do CEIP Laredo e a praia de Arealonga. Alumnado, profesorado, pais, nais, avós e avoas, toda a comunidade educativa do IES Chapela xunto coas dos CEIP Igrexa, Alexandre Bóveda e Laredo participamos nunha xornada festiva chea de deporte, xogos, compañeirismo, natureza e moita diversión!!

Desde os máis pequenos e pequenas ata os máis grandes, todos e todas participamos nesta xornada para reivindicar o uso da nosa lingua e honrar nesta edición a Francisco Fernández del Riego.

 

 

 

PREMIOS IV TORNEO DE XADREZ IES CHAPELA

O VENRES 19 DE MAIO ENTREGÁRONSE OS PREMIOS DO IV TORNEO DE XADREZ IES CHAPELA QUE SE DISPUTOU DESDE O MES DE FEBREIRO. OS GAÑADORES FORON: 

1º POSTO: MATEO PENA (2º ESO)

2º POSTO: ALEJANDRO ALONSO (2º BACH) (recolle o premio Marta Cardoso)

1º POSTO CONSOLACIÓN: ERIK GONZÁLEZ (2º ESO)

2º POSTO CONSOLACIÓN: SARA CORDEIRO (2º ESO)

O ALUMNADO DE 2º BACH REMATA AS CLASES.

O ALUMNADO DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS  TIVO A SÚA ÚLTIMA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA ANTES DOS EXAMES E PREPARACIÓN DA ABAU .

ESPERAMOS QUE SIGADES FACENDO DEPORTE!!

SESIÓN DE WATERPOLO 1º BACHARELATO. 2 MAIO

REALIZAMOS UNHA NOVA SESIÓN DE INICIACIÓN E COÑECEMENTO DO WATERPOLO NA PISCINA DE CHAPELA,  NESTA OCASIÓN CO ALUMNADO DE 1º BACH E A COLABORACIÓN DE CARLOS CAYADO DA ESCOLA DE WATERPOLO DE CHAPELA. 

 

ALMORZOS SAUDABLES

ESTE MES DE MAIO DE NOVO RETOMAMOS OS ALMORZOS SAUDABLES NO IES CHAPELA CO REPARTO DE FROITAS VARIADAS: PERAS, MANDARINAS, FRESAS, PLÁTANOS, MAZÁS... DURANTE OS RECREOS.

ESTA INICIATIVA TEN MOI BOA ACOLLIDA ENTRE O ALUMNADO QUE ACABA COA FROITA EN POCOS MINUTOS!!

#ESTILO DE VIDA SAUDABLE + AF

INAUGURACIÓN MESA DE TENIS DE MESA

ESTA SEMANA DE 2 DE MAIO INAUGURAMOS A (RECICLADA) MESA DE TENIS DE MESA, QUE ESTARÁ A DISPOSICIÓN DO ALUMNADO NO ESPAZO AO LADO DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. PODEDES SOLICITAR O MATERIAL PARA XOGAR ÁS PROFESORAS DE EF E APUNTAROS AO TORNEO PARA EMPEZAR A XOGAR O DÍA 15 DE MAIO!! # RECREOS ACTIVOS+.

 

   
   
Distribuir contido