Física e Química

Conferencia sobre celiaquía, alerxias e intolerancias

O día 26 de Abril tivemos no Instituto unha conferencia sobre celiaquía, alerxias e intolerancias impartida pola investigadora do Cinbio Mercedes Peleteiro. A ela acudiron alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de ciencias e tamén un grupo dun ciclo de Sanitaria. Ademais de coñecer aspectos deste problema tan presente nos nosos días, o alumnado puido facer as preguntas das cales amosaban curiosidade ou dúbidas.

Charla alerxias Charla alerxias
Charla alerxias

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Un curso máis no IES de Chapela celebróuse o Mes da Ciencia en Galego. Os alumnos e alumnas de 4º da ESO puideron gozar dun taller de ciencia onde científicos do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo) ensináronlles a traballar como eles.

 

Mes da ciencia en galego Mes da ciencia en galego

Comprobaron a existencia da tensión superficial da auga botándoa enriba de moedas

Mes da ciencia en galego Mes da ciencia en galego
Mes da ciencia en galego  Mes da ciencia en galego
  Aprenderon a facer bombas de baño mesturando bicarbonato con ácido cítrico
Mes da ciencia en galego Mes da ciencia en galego

Crearon unha crema hidratante de mans

Mes da ciencia en galego

Tamén dende  o departamento de Física e Química o alumnado de bacharelato e de 3º da ESO puido experimentar no laboratorio con diferentes tipos de reaccións: unha reacción de precipitación e outra reacción moi vigorosa con desprendemento de calor.

Mes da ciencia en galego Mes da ciencia en galego

Mes

Mes da ciencia en galego
Mes da ciencia en galego  Mes da ciencia en galego

Charla sobre o libro Galegas na Ciencia

O alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias asisitiu a unha conferencia impartida por Isabel Blanco, escritora do libro Galegas na Ciencia, donado polo Concello de Redondela. Este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas, que abriron as portas da ciencia a milleiros de mulleres. 
Charla Física e Química Charla Física e Química

Visita a Pescanova

Visita a Pescanova
Esta semana os alumnos e alumnas de ciencias de 4º ESO visitaron as instalacións da fábrica de Pescanova, onde lles explicaron cal é o proceso de preparación do surimi, dende o barco onde se pesca ata a fábrica, na que se procesa para obter o produto final. Remataron a visita degustando unha serie de produtos preparados con surimi. Grazas ao persoal de Pescanova pola súa implicación!

Saída didáctica a PESCANOVA

    O alumnado de Física e Química de 4º ESO acompañado das profesoras Mª Carmen Domínguez e Olga rey, visitou o 16 de xaneiro a factoría de Pescanova para coñecer o funcionamento do seu laboratorio. A experiencia, que contou ademais cun pincho de despedida, resultou do máis grata e aproveitable. Moitas grazas a Pescanova polas atencións recibidas!

Charla sobre ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá

No día de onte, 22 de marzo de 2018, o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, José Benito Vázquez Dorrío, impartiu unha charla para o alumnado de ciencias de 1º e 2º Bacharelato en torno ao tema Ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá. A actividade, organizada polo Departamento de Física e Química, resultou do máis interesante para o alumnado.

Olimpíadas Física e Matemáticas

O venres 13 de abril tivo lugar en Ourense o acto de entrega de premios da Olimpíada de Física. O mércores 18 de abril tivo lugar en Santiago o acto de entrega de premios da Olimpíada Matemática. Na entrega de ambos os dous premios está a nosa alumna de 2º Bacharelato Elia Fernández Blanco. Moitos parabéns!!! Nova na prensa e na páxina da xunta.

Olimpíada Física. Ourense 13-4-2012. Máis fotos Olimpíada MatemáticaSantiago 18-4-2012 Máis fotos

Masterclass Física de Partículas

As alumnas Paula, Elia e Alba, e o noso alumno Enrique, de 2º de Bacharelatoparticiparon o xoves 22 de marzo de 2012 na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da USC. Na xornada, profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, achegaron o mundo das partículas elementais a estudantes  de 17 centros de Galicia. Asistiron a unha conferencia, analizaron datos reais do LHC e contactaron co CERN nunha videoconferencia na que compartiron os seus resultados con centros de San Paulo (Brasil), Clermont Ferrand (Francia) e Xenebra (Suiza). Nova no Xornal.

   

   

 

 

Olimpíada Internacional de Física - 2012

A nosa alumna de 2º Bacharelato, Elia Fernández Blanco, acadou un segundo posto na Fase Local da Olimpíada de Física. A proba correspondente á Fase Local celebrouse o pasado venres 24 de febreiro de 2012, ás 16:00 horas, na Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. Os tres primeiros alumnos e alumnas seleccionados de cada Universidade, recibirán do Ministerio de Educación un premio en metálico e irán á fase Nacional. A Fase Nacional terá lugar en Bilbao do 20 ao 23 de abril de 2012, na que se seleccionará aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro da Iberoamericana.  Parabéns tamén a Alba Fernández Blanco e Paula García Oliveira por participaren  na proba.

Visita á Facultade de Química da UVIGO - 1º Bacharelato

Distribuir contido