Bioloxía e Xeoloxía

Mollándonos polos ríos - O Pugariño

       

IX LIMPEZA Simultánea

O 30 de setembro toda Galiza bótase aos ríos.

A AAVV de Chapela e a CCMM de Teis convócannos

ás 10:30 fronte ao restaurante LA GUAIRA.

Non é precisa inscrición pero agradécese confirmación de asistencia para unha mellor organización. Hai que levar luvas e botas ou calzado que non importe manchar, ao igual que a roupa. Obxectivo: limpar o río PUGARIÑO.

 

ÁLVARO - 680 71 80 52 

Curso 2018-19

Rally de Ciencias e Matemáticas Sen Fronteiras - 2013

Alumnado do IES Chapela gaña o Rally de Ciencias-FQ e Matemáticas e representará a Galicia na final europea de Toulouse. 

Blog do Rally

4º ESO 1º Premio na Final Galega do Rally de Ciencias en Santiago - 2013

Santiago, 10 de abril de 2013. Primeiro premio na final galega. Parabéns a todas e a todos. Nova no Faro de Vigo.

Fotos do Rally en PDF

   

Exposición e conferencia sobre os graos da Escola Técnica Superior de Minas

O pasado día 14 de febreiro tivo lugar unha conferencia sobre os graos impartidos na Escola Técnica Superior de Minas da Universidade de Vigo, a cargo dunha profesora e un alumno de dita Escola, coa asistencia do alumnado de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato. Durante os 10 días seguites estiveron expostos no vestíbulo do Centro uns paneis informativos sobre os recursos enerxéticos e mineiros de Galiza.

Galicia na Antártida

O pasado día 27 de marzo tivo lugar no salón de actos do IES a conferencia "Galicia na Antartida: os proxectos de investigación" a cargo de Dª. Adoración Sánchez Mata coa cal fixemos a ano pasado unha videoconferencia en directo durante a súa estancia na Base Gabriel de Castilla na Antártida.

                                  

Saída Río Fondón

 

     

En marzo de 2013 alumnado de 1º ESO realizou unha saída didáctica ao río Fondón en Chapela - tramo virxe e tramo urbanizado -, organizado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Chapela.

Fotos en PDF.

         
       

David Brown, o noso guía, no río Verdugo. TVE.

Pica na foto para acceder ao programa. 

Distribuir contido