CM APSD |
Benvida, primavera!!! O alumnado de 1º de APSD decorou o taboleiro de Meteoescolas con este mural tan primaveral.
|
|||
As alumnas do 2º curso do CS de Documentación e Administración Sanitarias Sara Novo e Nerea Bueno, xunto coa profesora María del Mar Prieto, asistiron o pasado 18 de xaneiro á sesión formativa en técnicas de Design Thinking, que se desenvolveu no CIFP Manuel Antonio, como membros do equipo de InnovaTechFP. Deste equipo, que representa ao IES de Chapela no devandito programa, forman tamén parte os alumnos Adrián Blanco e Gonzalo Fernández, do mesmo ciclo formativo.
|
|||
Dentro do Proxecto Meteoescolas 23/24 o alumnado de 1º APSD estudou a relación entre a meteoroloxía propia do outono e as emocións. O resultado mostrouno a través desta árbore de emocións exposta no corredor do 1º andar do centro. Grazas polo interesante traballo realizado.
|
|||
O pasado luns, alumnado de APSD ordinario e modular do IES de Chapela, acudiu en Vigo a unha charla formativa dentro do programa DIVULGAMENTE da Fundación Barrié. Nela puidéronse sensibilizar e coñecer que é o Alzheimer e outros tipos de demencias, que partes do cerebro se ven afectada en cada unha delas, por que se producen e cales son as principais diferenzas entre elas.
|
|||
|
|||
Estrea da obra “Pon o teu propio título”, de APSD modular en colaboración coa Asociación Xaruma e a ESAD
|
|||
|
|||
O alumnado do horario 1 de APSD modular reivindica o uso da lingua de signos con este vídeo e necesita o teu voto. Soamente tes que entrar neste enlace https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html Buscar o IES Chapela no formulario que está abaixo de todo, votar e compartir. Moitas grazas!
|
|||
Ao longo da segunda avaliación, o alumnado de APSD modular recibiu a visita de varias persoas con diversidade funcional do noso propio contorno: Secundino Curro (diversidade funcional visual), Eva Rodríguez Rodríguez e Beatriz Rodríguez Rodríguez (diversidade funcional auditiva), e Natalia García (diversidade funcional física / acondroplasia). Estas visitas, xunto co obradoiro de teatro inclusivo que estamos a levar a cabo en colaboración coa asociación Xaruma (para a integración de persoas con problemas de saúde mental) e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, permitíronnos seguir dando forma ao proxecto “En compañía”, dirixido a achegarnos á realidade de distintos perfís de persoas con diversidade funcional ou usuarias de servizos de atención sociosanitaria a través do contacto directo coas mesmas para coñecelas mellor e derrubar mitos, prexuízos e barreiras. Moitas grazas a todas estas persoas pola súa colaboración! Así mesmo, moitas grazas ao Concello de Redondela, que está a cedernos o auditorio do Multiusos Piñeiral do Crego para as sesións de teatro e que nos facilitou de balde o servizo de interpretación de lingua de signos para a charla de Eva e Beatriz!
|
|||||||
|
|||