CM APSD |
Este venres 15 de outubro, as alumnas e alumnos de APSD modular deron un paseo cara a praia de Arealonga. O obxectivo principal era comprobar as dificultades coas que se pode atopar unha persoa con dependencia/discapacidade ao longo do traxecto. Chegamos á conclusión de que o acceso á praia sería case un imposible para as persoas con algún tipo de diversidade funcional o que supón un grave atranco para a súa independencia e para o seu crecemento no día a día. Experimentamos na nosa pel a discriminación, a inseguridade e a inxustiza que poden sentir estas persoas. Recollimos as conclusións por grupos e puxémolo en común. Aproveitando o contexto privilexiado, tamén fixemos unhas dinámicas para exercitar o entendemento e as habilidades sociais necesarias para o traballo futuro. Tiñamos como meta fomentar a cohesion grupal, a empatía e a escoita activa. Entre todas descubrimos que aínda hai moito camiño por facer, pero estamos no camiño!
|
|||||
|
|||
A experiencia das persoas maiores, grazas polos vosos consellos de vida
|
|||
O alumnado de 1º de APSD quere reunir todos os consellos de vida das persoas maiores que nos rodean, eses sabios consellos da experiencia que necesita a xuventude. Participa con nós e pregúntalle ao teu avó ou avoa cal sería a súa mensaxe, faille unha foto cun cartel co seu nome, idade e o consello. Envía a foto a: servizoschapela@gmail.com De seguro aprenderemos un montón!
|
|||
Toma cinco minutos. Para. Respira. Reláxate... E dedícate un sorriso. Aquí tedes os sorrisos do equipo de 1º APSD do IES de Chapela. Moitas grazas.
|
|||
O alumnado de APSD do IES de Chapela, en colaboración co centro de día Os Cortizos, tendeu unha ponte coas persoas maiores e contribuíu ademais á súa formación como profesionais. Por medio de videochamadas e coordinadas pola súa titora Saínza Torres, falaron da vida. GRAZAS polo traballo e polo compromiso.
|
|||
O alumnado de APSD quere recordar que para despexar a mente hai que activar o corpo, e moverse un pouquiño entre clase e clase ten moitos beneficios, un deles é pasalo ben. Esperemos que vos guste e bailedes con nós!
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||