CM APSD |
|
|||||||
Xornadas técnicas sobre o Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. "Novo perfil profesional na atención ás persoas dependentes." Data: Xoves, 3 Abril de 2008 Obxectivo: Analizar e difundir no contorno laboral e formativo o perfil do título de Formación Profesional de Técnico/a Medio/a en Atención Sociosanitaria, na provincia de Pontevedra. Desenvolvemento: A xornada realizarase o 3 abril en 2 mesas redondas, unha pola mañá e outra pola tarde nas que se pretende recoller as achegas de representantes de entidades públicas e privadas no perfil profesiona! e na súa inserción laboral do persoal técnico, así como a experiencia dos primeiros profesionais. Participantes: Están dirixidas a persoas e profesionais interesadas en coñecer esta profesión, así como entidades públicas e privadas relacionadas co sector sociosanitario. Lugar: IES de Avda. Redondela, s/n. Tfno.: 986453330 Fax: 986450169
PROGRAMA Mañá: 11:30 - 14:00 Presentación das Xornadas: Representante do Concello de Redondela. Eugenio Ferrin, Director do IES Chapela. 1ª mesa: "A inserción laboral nos ámbitos público e privado" Obxectivo: analizar a realidade e perspectivas laborais do perfil técnico, así como a súa demanda no marco dos servizos sociais de atención a persoas dependentes. Participantes: Técnico de Vicepresidencia de Benestar Social e Igualdade. Representante da Federación "Servizos" da CIG. Javier Martínez Fente, Secretario Saúde e Servizos Sociosanitarios de UXT. Mª José Novás Lorenzo, Técnica do Servicio de Emprego. Miguel Ángel Vázquez, xerontólogo e presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía.
Tarde: 16:00 - 18:00 2ª mesa: "O perfil profesional do persoal técnico en Atención Sociosanitaria Obxectivo: Describir as competencias profesionais que definen o título e analizar as funcións desta figura nos seus diferentes ámbitos de actuación. Participantes: Representante da Dirección Xeral de FP. Anxo Queiruga, presidente de COGAMI. Concepción Somoza, representante de APAMP - FADEMGA. Representante da Rede Galega de Centros de Día.
Clausura: 18:00 Representante da Dirección Xeral de FP Visita ás instalacións e equipamento das aulas do ciclo.
|
|||
O Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidades organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer o Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. O obxectivo das mesmas é difundir no contorno laboral e formativo o perfil deste técnico. Terán lugar o próximo 3 de abril de 2008 en horario de 10:00 h a 18:00 h. Para máis información, pulse aquí.
|
||||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6