O ano pasado o Magosto pasou por diante do IES de Chapela e non puido entrar,
este ano non o iamos permitir.
5-11-21 MAGOSTO NO IES DE CHAPELA
Mans en acción para picar as castañas.
Outras mans ocupáronse dunha fermosa decoración que adornou o centro.
Coidado ao baixar as escaleiras,
seguide o protocolo, ídevos matar
Miña nai, que medo!
O túnel do terror.
E mentres todo se puña a punto,
xa se ían asando as castañas.
Quen?
O noso home de referencia, Xose Luís Grande,
axudado por Javi ante a atenta mirada de Simón e Mario.
Un mal do país, por cada persoa que traballa outra está a mirar.
DJ Barbosa, co seu animado grupo de colegas, facía ruxir o ampli.
Un pouco de ánimo! Móvedevos un pouco que parece que ides nunha excursión do IMSERSO.
Están boas!
Gratis, de balde!
Dáme dous cucuruchos,
un é para o meu mozo que está nos obradoiros
Grande animación tamén no vestiario.
Alumnado e profesorado traballando cóbado a cóbado nos obradoiros.
Dá gusto velos!
Non hai tempo nin para se aburrir.
E por se non chegase,
XOGOS POPULARES.
Algún saíu ra.
Outros con zancos, pero non de polo.
O xogo das cadeiras,
miña nai que tensión!
Encesta fillo, encesta!
ANUNCIO PUBLICITARIO
As máscaras por debaixo do nariz son moi graciosas,
pero non valen para nada.
Estes rapaces parece que van no Vitrasa.
Isto é un non parar de xogos.
Xogo adaptados!
Mira que felices as profes!
Adrián viunos visitar. Botámoste de menos.
A nosa mestra de cerimonias e condutora do Magosto, Olga,
fai unha sentida homenaxe a Xose Luis,
desde 1991 a pé de Magosto. Grazas, grazas, grazas.
Isto acábase mozos e mozas,
hai que deixar sitio para os da tarde.
O noso gaiteiro de referencia entoa a melodía de despedida.
Bravo Sergio!
E bravo ao alumnado de 2º ESO,
que se estreou como organizador de eventos.
As compañeiras e compañeiros de modular
non se quedaron atrás.
VAIA FESTÓN!
Nin o frío para a esta xente.
INFANTIL organizou os xogos na pista.
O alumnado de FARMACIA montou un expositor de nivel:
Fórmulas maxistrais contra os males outonais
Unha marabilla!
E os de DIETÉTICA non quixeron ser menos.
Demostración de poderío nutricional.
APSD apostou polo doce. Cremas de castaña, tartas, galletas...
Un dos stands máis visitados.
Grazas a todas e a todos polo traballo, a colaboración e as ganas de se divertir!