|
Novas relacionadas coa biblioteca
|
|
|
|
Lara Dopazo imparte, como fixo o curso anterior, un obradoiro de relatos arrepiantes para 4°ESO. O alumnado desfrutará do saber dunha das escritoras de relatos máis recoñecidas da literatura galega.
A premiada autora por "O axolote e outros contos de bestas e augas" vén de tirar do prelo "Contos gringos", unha colección de contos ambientados no centro dos EEUU con abondosas mostras desa narrativa inquedante da que ela é mestra.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe, 30 de novembro, déronse a coñecer os resultados do concurso de relatos de arrepío convocado pola Biblioteca e polo EDLG do noso IES.
O xurado, composto pola presidenta da Ampa, Macarena, polo dinamizador da lingua galega, Aldán, pola representante do alumnado, Sara Cordeiro, e pola coordinadora da biblioteca, Naír, decidiu que os relatos premiados fosen os seguintes:
Categoría ESO:
- 1°: Trinta e un de outubro. Uxío Solla Amoedo. 1°C.
- 2°: A vinganza da coca pequena. Carla Montes. 1°C.
- 3°: Conto de arrepío. Celia Santamariña Tenreiro. 1°A.
Categoría FP e BAC:
- 1°: Bótasme unha mao? Nerea Bueno Fernández. 2° Documentación Sanitaria.
- 2°: Eu tremía como a xelatina. Marta Romero Tielas. 2° Documentación Sanitaria.
- 3°: A noite da Santa Compaña. Rosario Vidal López. 2° Documentación Sanitaria.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1º PREMIO: Bágoas de Irene López Chamorro (1º ESO C)
2º PREMIO: Encontro de Paula Cembellín Míguez (1º Farmacia)
3º PREMIO: Eu de Lidia Bastos González (1º Bach B)
IES CHAPELA, 19 Maio 2023
|
|
BÁGOAS
Que tranquilidade
hai na beira do mar
As ondas creando música
e os paxaros a cantar
-Isto é o paraíso!
Dicía Don Sonar
Lástima que aquel día
tivo que marchar
Despediuse no solpor
cheo de tristeza
Deixaba a familia atrás
mentres tocaba a súa última peza
Xa chegou o momento
de emprender a viaxe
Coa súa gaita n aman
A súa mellor equipaxe
Despois de moito vagar
Volvía á súa terra
Máis bonita que nunca
Xa rematara a guerra
Chegou ao mar
cos pés esnaquizados
Máis valeu á pena
volver escoitar os paxaros
Irene López Chamorro
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CLUB DE LECTURA O BERETE LECTOR
Este martes 9 de maio, ás 15:30 horas o club de lectura O berete lector celebrou unha nova xuntanza Nesta ocasión compartimos a lectura da novela xuvenil A lebre mecánica da autora lucense Ledicia Costas.
Como sempre, nun ambiente distendido, valorouse a mestría narrativa da autora, a evolución dos personaxes, o tratamento dos temas como a ruptura amorosa, a amizade, a adicción aos xogos e as apostas, o papel de referencia dos adultos para os adolescentes, e, sobre todo, a importancia da comunicación na resolución de conflitos.
Unha vez máis, a literatura permítenos profundar na realidade social e en nós mesmos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O martes 9 de maio ás 15:30 na biblioteca do instituto faremos a terceira xuntanza co libro A lebre mecánica de Ledicia Costas, unha novela de máxima actualidade sobre as apostas e os problemas da xuventude.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dentro do programa MeteoEscolas, a Biblioteca de IES Chapela convoca o primeiro concurso de meteorrelatos coas seguintes bases:
-
PARTICIPANTES: alumnado do IES de CHAPELA.
-
Os textos serán de autoría propia.
-
MODALIDADE: linguas galega, castelá, inglesa ou francesa.
-
A TEMÁTICA versará sobre un (ou máis de un) fenómeno metereolóxico.
-
Extensión: os textos terán una extensión máxima de 200 palabras.
6. Entrega en papel na biblioteca. Incluiranse o título do meteorrelato; o nome e o curso do autor/a.
7. Prazo de presentación: ata o 31 de maio de 2023, ás 12:30 horas.
8. XURADO: composto por persoal do centro.
9. CRITERIOS: valorarase a orixinalidade, a creatividade, a calidade literaria e a adecuación ao tema do concurso.
10. PREMIO: Cheque para mercar no comercio local:
1º Premio: 50 €. 2º premio: 30 €. 3ª Premio: 20€.
11. ACEPTACIÓN DAS BASES:
A participación no concurso leva implícita a aceptación destas bases e do fallo do xurado. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases. Os traballos presentados pasarán a formar parte do fondo do IES de Chapela, que terá completa liberdade para empregalos nas actividades docentes e didácticas que considere, de xeito gratuíto, mais mencionando a persoa autora. As persoas que concursen responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Este martes 28 de febreiro, ás 15:30 horas o club de lectura O berete lector celebrou unha nova xuntanza. Despois dunha pequena introducción ao mundo MANGA, a súa orixe e relevancia, alumnado de ESO e Bacharelato e profesorado compartimos as nosas lecturas e as reflexións sobre como o feito de ler manga axúdanos a evadirnos, a afondar no coñecemento do mundo que nos rodea, a soñar mundos mellores, a dar esperanza ou, ás veces, a afondar na tristeza; e ao fin sobre por que hoxe seguimos a ler cómics e manga, e mesmo parece que máis que nunca.Leer manga achéganos a outra cultura moi lonxana,con outra forma de estar no mundo, con outra mirada, con outra forma de expresar os sentimentos e os pensamentos, con un ritmo e un estilo diferentes de contar historias. Esta mirada enriquece a visión que temos das nosas propias entorna e cultura. A súa visión da adolescencia como un periodo positivo póde influir á hora de vivir esta etapa ou achegarnos máis a ela.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberto durante todo o mes de febreiro o prazo para participar no VI Concurso de microrrelatos que convocan conxuntamente a Real Academia Galega e PuntoGal. Premiaranse os nove mellores relatos de ata 200 palabras que se presenten nas categorías infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e de persoas adultas.
Todos os detalles da convocatoria poden consultarse na páxina web https://relatos.gal/
|
|
|
|
|
|
|
|