O 14 de decembro deuse a coñecer o fallo do xurado do I Certame de Poesía - IES Chapela. O xurado, integrado por profesorado do centro, unha representante do persoal non docente e unha alumna, destacou a alta participación no certame. Foron cincuenta e tres os poetas e poetisas que enviaron os seus poemas ao concurso en torno ao tema Segundas oportunidades - Reciclaxe e espiral de vida. Sinalou tamén o xurado a gran calidade das obras entregadas. Textos de ledicia, nostalxia, resistencia, denuncia, esperanza... todo eles emocionantes. Por suposto que a decisión final non foi fácil, mais estes foron os poemas seleccionados:
(Picando sobre eles podes acceder á súa lectura.)
Os nosos parabéns ás persoas gañadoras, pero sobre todo a todas aquelas e aqueles que participastes envorcando as vosas emocións e sentimentos por escrito. Moitas grazas.