P. Audiovisual |
Traballo dirixido, gravado e mesturado desde o Departamento de Música polo profesor Carlos Calviño, e no que ademais da colaboración do profesor de inglés César Domínguez, participaron alumnas e alumnos de ESO e BACH: Mara Otero, Carmen Castro, Paula Filgueiras, E. André Uriz, Laura Langarica, Sergio Sánchez e Alejandro Barreiro. Un tributo emocionado ao profesor Manolo Ares, que nos deixou o pasado curso.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
O noso centro foi seleccionado para o programa Audiovisual nas Aulas 2008 e 2009. Centros seleccionados. Audiovisual nas Aulas é un proxecto que a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Comunicación e do Consorcio Audiovisual de Galicia, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, afronta no presente curso escolar a súa cuarta edición, centrada na Iniciación ás Novas Tecnoloxías, novamente con carácter experimental en once centros de ensino espallados pola nosa xeografía, aos que se engaden os 69 restantes que asumen as fases anteriores, Iniciación ao Audiovisual, Iniciación á Animación e Iniciación á Televisión.
|
|||