Emprendemento |
O pasado martes 12 de novembro, un grupo de profesoras e profesores de FP e ESO do noso centro mergullouse nun curso de formación en metodoloxía LEGO, unha innovadora estratexia educativa que aposta por unha aprendizaxe máis lúdica e motivadora. Impartido pola formadora acreditada Mónica Rodríguez Nieto, o curso achegou aos docentes novas ferramentas para transformar as súas clases en espazos creativos, onde o alumnado poida alcanzar o “flow”, ese estado de concentración profunda que permite aprender con entusiasmo e sen distraccións. A metodoloxía LEGO está especialmente deseñada para promover o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, potenciando competencias como o traballo en equipo, a creatividade e a resolución de problemas. Ademais, esta formación tamén serviu para fortalecer a colaboración entre o profesorado de distintas áreas, creando unha visión interdisciplinar que enriquecerá a experiencia educativa no noso centro. Con esta iniciativa, financiada pola Aula de Emprendemento, o IES Chapela aposta por unha educación que responda ás necesidades do século XXI, impulsando o desenvolvemento persoal e profesional de todo o seu alumnado. Máis fotos aquí.
|
|||