Avisos, convocatorias

Oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25

Podedes consultar aquí a oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25.

Con respecto a cursos anteriores, ofertamos un novo ciclo: o CS de Mediación Comunicativa. Este ciclo ofértase no réxime ordinario, pero en HORARIO DE TARDE (ver aquí).

Os ciclos presenciais do réxime de persoas adultas / modular ofértanse de tarde nun NOVO HORARIO (ver aquí). Nestes ciclos, para saber os módulos asignados ao Horario 1 e ao Horario 2 en cada caso, pinchade aquí.

Calendario de exames finais / probas de avaliación extraordinaria para o alumnado con PD en ciclos

Data da proba de competencia dixital do alumnado de ciclos medios de FP

A proba de competencia dixital da área 4 de nivel intermedio para alumnado de ciclos medios de FP será o próximo xoves 13 de xuño ás 17:00 horas na aula de informática do instituto. Prégase ás persoas inscritas que estean 15 minutos antes da proba (ás 16:45 horas) no vestíbulo do centro. 

Acreditación de competencia dixital para o alumnado de FP

O alumnado de 2º curso de ciclos medios do réxime ordinario, así como o alumnado de ciclos medios do réxime de persoas adultas que titulase ou titule durante este curso 2023-24, pode solicitar inscribirse ás probas de competencia dixital.

O alumnado interesado que reúna os requisitos indicados deberá cubrir esta solicitude (marcando a opción de inscrición na Área 4 do nivel intermedio e, no caso de menores de idade, incluíndo a autorización da nai / pai / persoa titora legal que figura no impreso) e presentala na secretaría do centro ou en xefatura de estudos ata o 22 de maio ás 13:00 horas.

Tedes toda a información da convocatoria nesta ligazón e un resumo da información aquí.

Convocatoria de probas libres para a obtención de títulos de FP - Curso 2023-24

Xa están convocadas as probas libres para a obtención de títulos de FP do curso 2023-24. Como novidade, nesta convocatoria ofértanse por primerira vez probas do título LOXSE do Ciclo Superior de Dietética.

Podedes ver abaixo o calendario de admisión:

Así mesmo, podedes consultar máis información aquí.

O calendario de realización das probas, así como as programacións dos módulos, subiranse nas próximas semanas no apartado de probas libres da nosa web.

Convocados os premios extraordinarios de FP de grao superior

Avaliacións de diagnóstico

Achegamos un documento informativo elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre as avaliacións de diagnóstico que está previsto que se realicen os próximos días 10 e 11 de abril co alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO. Pincha aquí para acceder ao documento.

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL

O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 2º DE BACHARELATO QUE QUEIRA VOLUNTARIAMENTE PRESENTARSE Á PROBA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL DEBE INSCRIBIRSE ANTES DO XOVES 14 DE MARZO.

(AVISAR ÁS COORDINADORAS BEGOÑA FERNÁNDEZ E SAÍNZA ARIAS)

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos

Información sobre probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: aquí.

Información sobre probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: aquí.

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras 2023-24

Informamos de que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou por Resolución do 29 de setembro de 2023 un programa ao que o IES de Chapela vai solicitar adherirse para financiar a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Máis información nesta ligazón.

O alumnado destes niveis interesado en participar nestas probas financiadas pola Consellería (no caso de que nos sexan concedidas) deberá presentar o seu compromiso de participación (asinado polo/a alumno/a ou polo/a responsable legal no caso de menores de idades), ben presencialmente en Xefatura de Estudos, ou ben por correo electrónico a ies.chapela@edu.xunta.gal, ata o 6 de novembro ás 12:00 do mediodía. No devandito compromiso deberá indicarse o idioma e o nivel que corresponda (B1, B2 ou C1), segundo decida o alumnado coa orientación do profesorado de lingua estranxeira de ser o caso. Pódese descargar aquí o documento de compromiso de participación.

Distribuir contido