|
|
|
|
|
O grupo de teatro inclusivo Xanela estrea o próximo 7 de xuño a súa terceira peza, “Sinfonía Graffiti”, ás 19:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela). Esta obra é o resultado dun proxecto de teatro comunitario de creación colectiva desenvolvido entre a Asociación Xaruma, a Escola de Arte Dramática de Galicia e o IES de Chapela.
A iniciativa conta coa participación de máis de trinta persoas das tres entidades implicadas e coa colaboración do Concello de Redondela, tendo como obxectivo principal lograr a inclusión e fomentar o sentimento de pertenza. “Sinfonía Graffiti”, dirixida polo director teatral e dramaturgo Roi Vidal, retrata en si mesma a unión desde a diversidade, presentándonos escenas cotiás dun barrio calquera onde unha serie de personaxes recoñecibles para o público han conformar entre todas a súa particular harmonía colectiva.
A entrada será de balde ata completar aforo. Non perdas a oportunidade de ser parte desta sinfonía.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para conmemorar o Día mundial da poesía, o departamento de Lingua castelá organizou unha exposición de Poesía Blackout. O alumnado creou mensaxes poéticas a partir de páxinas de libros, facendo textos totalmente novos. Podedes ver unha mostra do resultado nestas fotos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O grupo de teatro inclusivo Xanela, conformado por alumnado e profesorado de modular do CM Atención a persoas en situación de dependencia e o CS Integración social, persoas usuarias e profesionais da Asociación Xaruma para a inclusión social das persoas con trastornos mentais, e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), estrea “Disparos de luz” o próximo venres 2 de xuño ás 19:30 horas no Multiúsos de Chapela (Piñeiral do Crego). A entrada é de balde ata completa aforo. Esperámosvos!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O xoves 2 de marzo o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato, acompañado polas profesoras de Filosofía e de Latín, achegouse ata oTeatro Municipal de Tui para asistir a unha función teatral: Medea de Eurípides, enmarcada dentro do Festival de Teatro Grecolatino, organizado pola SEEC-Galicia erepresentada esplendidamente polo Grupo Noite Bohemia.
A experiencia resultou moi enriquecedora para o grupo xa que tivo a oportunidade de achegarse a unha obra que, aínda que estreada no 431 a. C., xira arredor de dous temas atemporais: o amor, como determinante da conduta humana e a muller, encarnada aquí por Medea, quen deixa a súa terra e familia por amor para verse despois traizoada por ese home, que busca no matrimonio con outra muller medrar económica e socialmente. Medea vaise rebelar, en nome de todas as mulleres, contra o sufrimento vencellado á condición feminina e, como consecuencia da aldraxe recibida, levará a cabo un crime atroz para vingarse do seu esposo infiel.
Esta actividade, organizada polo departamento de Latín, serviu, tamén, para que o alumnado se achegase ao espectáculo total que constitúe o teatro e contactase cos numerosos mozos e mozas de diversos centros educativos que alí acudiron e que dan sentido, como manifestaron os xóvenes e entusiastas integrantes de Noite Bohemia, á presenza de "Clásicas sempre en escena, Clásicas sempre nas aulas".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estrea da obra “Pon o teu propio título”, de APSD modular en colaboración coa Asociación Xaruma e a ESAD
Como xa informamos en entradas anteriores, ao longo deste curso académico unha boa parte do alumnado e profesorado do ciclo de APSD (horario 2 do réxime modular) estivo a participar nun proxecto de teatro comunitario, en colaboración coa Asociación Xaruma para a integración e promoción social de persoas do eido da saúde mental e coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, así como co apoio do Concello de Redondela, que nos cedeu as instalacións do auditorio do multiusos Piñeiral do Crego para os ensaios. Froito do traballo conxunto, xurdiu o grupo de teatro Xanela (Xaruma + Chapela), que agora presenta a obra de creación colectiva "Pon o teu propio título". A estrea terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 19:30 horas no multiusos Piñeiral do Crego (Chapela), e agárdase que nela o público teña o seu propio papel. O acceso será de balde e estará aberto a todas as persoas que desexen asistir ata completar aforo. Agardámosvos! Para irvos abrindo o apetito, tedes aquí o cartel e o vídeo promocional da obra, elaborados polas alumnas Andrea Vázquez e Alicia Rey, respectivamente.
https://youtu.be/Zpyo-474noc (ligazón ao vídeo en Youtube)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado do horario 1 de APSD modular reivindica o uso da lingua de signos con este vídeo e necesita o teu voto. Soamente tes que entrar neste enlace
https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html
Buscar o IES Chapela no formulario que está abaixo de todo, votar e compartir.
Moitas grazas!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (horario 2) do réxime de persoas adultas está a desenvolver este curso un obradoiro de teatro inclusivo en colaboración coa asociación Xaruma, centrada no traballo en prol da integración das persoas con trastornos mentais. Neste obradoiro, que se leva a cabo cada dous luns no auditorio do multiusos Piñeiral do Crego, está a participar alumnado e profesorado do ciclo, persoas usuarias e profesionais de Xaruma, e profesorado e alumnado da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática).
O obradoiro inscríbese no proxecto de aprendizaxe “En compañía”, co que perseguimos que o alumnado se achegue aos colectivos de intervención a través do contacto directo con persoas reais do noso contorno pertencentes a estes colectivos, dándolles voz e protagonismo para coñecermos as súas características e necesidades a partir dos seus propios testemuños e experiencias.
Ao longo destas primeiras sesións do obradoiro puidemos tomar contacto coas outras persoas participantes, desinhibirnos pouco a pouco, apropiarnos do espazo, iniciarnos nalgunhas técnicas de teatro-imaxe e reflexionar sobre o que cada unha de nós podemos aportar no que esperamos que culmine cunha pequena peza teatral de creación colectiva. E agora somos xa todas e todos un só grupo ao que decidimos denominar Xanela (de Xaruma + Chapela).
Volveremos en xaneiro con moitas ganas de seguir dándolle forma a esta iniciativa de arte comunitaria. Moitas grazas a todas e todos os que estades a facer posible esta aventura!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para festexar o último día deste curso 18/19 o alumnado de Música e Artes escénicas de 1º e 4º ESO e os alumnos e alumnas de Linguaxe e Práctica musical de 1º BACH prepararon unhas estupendas actuacións coas que deleitaron a todo o público. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|